CAMELIAS MASCOTAS

Aberta a convocatoria de Girando por Salas, o circuíto de músicos emerxentes

O circuíto Girando Por Salas (GPS) lanza unha nova convocatoria para financiar a xira e o primeiro disco de 22 artistas.

Girando por Salas convoca a súa 15 edición na que ofrecerá de novo a posibilidade a 22 artistas emerxentes de celebrar concertos remunerados dentro do circuito de salas español. A iniciativa parte do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) e por ela pasaron artistas como Sidecars, Depedro, Triángulo de Amor Bizarro, Izal, Viva Suecia, Morgan, La M.O.D.A, Rufus T Firefly ou Travis Birds

REVISTA NOVEMBRO

O obxectivo de GPS é apoiar a artistas emerxentes de todos os estilos, tanto solistas como bandas, ofrecendo axudas para a celebración de concertos dentro do circuíto de salas en todo o territorio español. Ditos concertos realizaranse fóra da Comunidade Autónoma de residencia de cada artista ou a un mínimo de 300 km dentro da mesma. Con isto quérese potenciar aos novos talentos musicais e a súa difusión máis aló do seu ámbito de influencia natural, así como incentivar a profesionalización dos mesmos.

Ademais do financiamento da minixira, os artistas recibirán unha axuda para a produción e promoción discográfica dos seus traballos potenciando con todo iso a produción discográfica e a estabilidade do circuíto de salas de música en directo.

A convocatoria para a inscrición de artistas está aberta en www.girandoporsalas.com entre o 10 de setembro ás 11:00h e o 5 de setembro ás 18:00 e vai dirixida a solistas ou bandas cin máximo de tres LP publicados. O día 4 de outubro darase a coñecer a lista dos artistas que cumpren os requisitos e a última palabra teraa o público que, entre o 9 e o 16 de outubro, poderá votar pola súa banda preferida. Os 22 artistas seleccionados ofrecerán un mínimo de seis concertos entre o 29 de novembro e o 1 de xuño de 2025.