COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Aberta a convocatoria da 7º edición do certame de relatos Vigo Histórico

Hoxe abriuse a convocatoria para participar na sétima edición do certame de relatos Vigo Histórico. Desde a organización cren que o concurso pode actuar a modo de vávula de escape nos momentos que estamos a vivir. Como sempre, Vigo terá que ser o escenario no que aconteza a trama e os relatos poderán enviarse ata o 1 de xullo.

Dadas as circunstancias a Editorial Elvira informou a través de Internet da apertura da convocatoria da sétima edición do certame de relatos Vigo Histórico. Non quixeron agardar máis porque cren que na situación actual, o certame pode ser unha válvula de escape “É un momento para falar, para escribir, para que botemos fóra as novas inquietudes que temos. Esperemos que todo isto pase pronto, e mentres tanto os invito a seguir creando, escribindo, pelexando para que con graos de area formemos un gran celeiro, co fin de que as cousas comecen a cambiar de verdade, que esta crise non sexa como a pasada, na que coma sempre, pagaron os mesmos”, explicaba Xabier Romero, responsable de Editorial Elvira.

O prazo para a recepción dos traballos comezará hoxe día 27 de marzo e finalizará o 1 de xullo. O
xurado contará cunha nova integrante, que será María Lado, e que se suma ao grupo formado por
José Luís Mateo Álvarez,
historiador e membro do Instituto de Estudios Vigueses, a escritora Ledicia
Costas;
o pintor Antón Pulido; o editor Bieito Ledo; a filóloga e mestra Concepción Varela Portela; o
xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira; a xornalista Noelia Otero Lago, e o
profesor e escritor Julio Alonso. O xurado dará a coñecer os gañadores entre os días 30 de
setembro e 8 de outubro e a finais de ano realizarase o acto de entrega dos premios e a
presentación do libro Relatos na Rúa VII (cos relatos premiados e unha selección dos que máis
teñen gustado).

SONRIAS

O tema do relato será libre, pero, como en anos anteriores, Vigo ten que ser protagonista, tal e
como aparece nas bases do concurso onde se salienta que: «a cidade ten que ser parte
transcendental do relato, un elemento destacado, como o son as personaxes ou a trama. O
incumprimento deste punto invalida a participación no certame».
Admitirase un único texto por
autor/a, cunha extensión máxima de 4 páxinas por unha cara (ou o equivalente a 8.000 carácteres
con espazos). Os orixinais deberán presentarse por correo electrónico á seguinte dirección:
certamenvigohistorico@gmail.com. Haberá un primeiro premio de mil euros para o gañador/a, un
segundo premio de 500 e ata 4 accésits de 200 euros cada un
. As bases están a disposición de todos
os interesados na páxina web de Editorial Elvira (www.editorialelvira.com).