CAMELIAS MASCOTAS

A música jazz inaugura a actividade cultural na nova sede do RC Celta

Tras dúas semanas da inauguración, o Salón Regio de A Sede, a nova sede do RC Celta, estrea programación con tres concertos de jazz englobados dentro do “Ciclo 1906”. Actuarán Joe Sanders, Antonio Lizana e María Toro, artistas do mundo do jazz e de estilos irmáns como o flamenco, o blues ou o soul.

Joe Sanders (esq.), Antonio Lizana (arriba) e María Toro (abaixo)

A primeira cita será o martes 10 de abril ás 22:00 horas coa actuación Joe Sanders. Considerado un dos baixistas máis destacados da súa xeración, colouse entre os mellores grazas a súa versatilidade, dedicación e pulso firme. Tocou, grabou e xirou con grandes músicos como Ravi Coltrane, Herbie Hancock, Jimmy Heath, Wayne Shorter, Dave Brubeck, Mulgrew Miller, Christian Scott, Taylor Eigsti, entre outros. A súa inquedanza musical impulsouno a liderar os seus propios proxectos aportándolle unha profundidade e unha impronta que o definen como un músico con universo propio.
Sanders presenta o seu último traballo “Humanity” publicado en setembro do 2017 cunha formación de luxo como son o saxofonista Seamus Blake, o pianista Aaron Parks e o baterista Eric Harland.

REVISTA NOVEMBRO

O segundo turno é para Antonio Lizana que se dará cita en A Sede o venres 1 de xuño ás 22:00 horas. Antonio Lizana fusiona jazz e flamenco convertindo o seu traballo nunha combustión perfecta. Nado en Cádiz, comezou a súa traxectoria en 2012 co disco “De Viento” ao que lle seguiu “Quimeras del mar” en 2015 pero foi a publicación de “Oriente” en 2017 o que lle serviu para confirmarse como un revitalizador extraordinario no cruce que une o sentimento do ‘jondo’ coa arte da improvisación.

O peche ao ciclo vén da man dunha muller, María Toro, que actuará o domingo 10 de xuño ás 22:00 horas. O talento de María Toro foi desenrrolado entre Nueva York, Rio de Janeiro e Madrid, comezando a súa carreira na súa cidade natal, A Coruña. Aí comeza os seus estudos superiores pero pronto dá o salto e marcha para Madrid onde vai a cursos impartidos por Jorge Rossy, Michael Kanan, Peter Bernstein, Benny Goldson ou Jorge Pardo. En 2011 decide cruzar o charco e na cidade dos rascaceos é onde toma impulso jazzístico actuando en locais como o Blue Note, o Joe’s Pub e o 55 Bar e compartindo escenario con músicos do calibre de Jack DeJohnette, Richard Bona ou Jean-Michel Pilc.
En 2013 decide instalarse en Rio de Janeiro onde graba o seu segundo disco froito da súa relación con grandes do jazz e da música popular brasileira como Toninho Horta, Guinga ou Hermeto Pascoal.

As entradas poranse á venda nestes días na web da cervexa 1906