VIALIA
bannerPicnicSesions

O Celta inaugura A Sede este sábado cunha gran festa

O Celta desembarca no centro da cidade e faino cunha gran festa á que todo o mundo está convidado. Tras meses de obras, este sábado 17 o Club de fútbol inaugura a súa sede social na rúa Príncipe, con actuacións, música e a presenza dos xogadores.

O actor Javier Veiga presentará os actos centráis da inauguración da nova Sede Social do Celta.

O celtismo está de celebración, este sábado día 17 o club chega ao corazón de Vigo. A Sede Cultural do Celta abre portas a partir deste sábado no edificio que antes albergaba ao Mercantil, en plena rúa de Príncipe. Para o acto inaugural hai preparadas diferentes actuacións ao longo de todo o día. Ás 12 do mediodía haberá animación nas rúas do centro de Vigo coas actuacións de Sarunas Pupelis Street Band, Beehive, Barafunda e Nelson Quinteiro Producciones. A partir das 6 da tarde a cita terá lugar diante do Museo Marco, alí se reunirán tódolos seareiros para cantar cancións populares do celtismo con Nelso Quinteiro Producciones e repartiranse bufandas conmemorativas. O evento principal terá lugar ás 19:00 diante da nova Sede Social do Celta. O actor Javier Veiga será o encargado de presentar o espectáculo. Xunto a el estarán os xogadores do primeiro equipo e tamén a canteira. Haberá actuacións musicais de Roi e Cepeda de OT, Wöyza, Budiño, Miguel Costas e DJ Lagartija e moitas sorpresas que polo momento o Club non quere desvelar.
Os días seguintes serán xornadas de portas abertas. Entre o domingo 18 e o martes 20 tódolos afeccionados que o desexen poderán visitar o interior da Sede.

(GMT+01:00) Príncipe


(GMT+01:00) Príncipe


(GMT+01:00) Fundación Celta de Vigo