CAMELIAS MASCOTAS

A hostalería do Casco Vello celebra o Magosto por todo o alto

A nova Asociación Casco Vello Vigo Hostelería e Comercio, constituida en xaneiro de 2021 e conformada por máis de sesenta asociados, presenta unha nova iniciativa no marco das celebracións do Magosto: Toma Castaña!.

Pepe Solla na primeira actividade de Toma Castaña! | Janite Foto

Toma castaña! nace coa intención de reforzar e amplificar a festa do magosto no Casco Vello de Vigo. Son moitos os lugares de España nos que se celebra esta festa popular: León, Asturias, Zamora, León, Canarias, Salamanca… Mesmo o noso benquerido país veciño celebra o Magusto, no que a castaña tamén é a protagonista. Así, nesta primeira edición de Toma Castaña! será Portugal o país convidado, co que se intercambiarán receitas, folklore e coñecemento. Esta iniciativa xurde con afán de continuidade e co propósito de que cada ano enriquezamos a festa coas aportacións doutras culturas enogastronómicas e tradicións afíns, de xeito que se popularice o magosto galego alén das fronteiras da nosa comunidade.

Ademais dunha primeira actividade realizada o pasado mércores 13, na que o chef Pepe Solla levou a cabo un showcooking, esta é a programación para as próximas semanas:

28 outubro (18h – Instituto Camões)

Charlas “O Magosto”, con Rafael Quintás, e “O Magusto” cun divulgador portugués. Cata de viños con Josiño Taberneiro (José Martínez Casariego), un dos sumilleres máis recoñecidos de Galicia. Será de acceso gratuito ata completar aforo e mediante confirmación ao email da Asociación: cascovellohosteleria@gmail.com

18-31 outubro

REVISTA NOVEMBRO

Xornadas de exaltación de produtos típicos do Magosto na hostelería do Casco Vello de Vigo: propostas coa castaña e o chourizo como protagonistas. Non é un concurso, é unha posta en valor destes produtos tan nosos. Cada hostaleiro decide como os integra: en tapa, pincho, menú… As propostas maridaranse con 1906 Galician Irish Red Ale, e terán un prezo de 6€.
Gynkana Toma Castaña! no comercio do Casco Vello. Os establecementos comerciais contarán cun display identificativo da festa, que contará cun código QR. Para participar, os clientes deberán visitar (que non comprar) en cinco establecementos do barrio e escanear os seus respectivos códigos. Entre tódolos participantes sortearanse dúas cestas de produtos seleccionados valoradas en 150€.

13 novembro, San Martiño

– Ruada de bandas tradicionais portuguesas e galegas: Dúas agrupacións de música tradicional galega e portuguesa percorrerán e animarán as rúas do barrio na xornada de San Martiño.
Castañada nas rúas do Casco Vello.
Concurso de deseño de cornetes: Convócase un concurso gráfico para tódalas idades con galo de elexir o deseño dos cornetes de castañas da festa. Dotarase cun premio de 300€.