VIALIA
PLAYDOC

A cociñar: Cocido de porco celta

Tras a informalidade culinaria máis propia do verán, vén o tempo —por fin— dos pratos de culler e das comidas máis opíparas da temporada outono-inverno, entre os que reina un xantar: o cocido. A elaboración esixe máis tempo que destreza no que a chave está, alén da dedicación, na calidade da materia prima. A idiosincrasia require xuntarse en boa compañía para compartir o festín, que velaquí presentamos cunha base moi galega: o porco celta.

Ingredientes (para 8 persoas)

-1 cacheira Tres Fuciños

– 4chourizos Tres Fuciños

– 1 lacón Tres Fuciños

– 1 lomedro Tres Fuciños

– 1 kg de garavanzos

– 10 patacas

– 2 repolos Froitos da horta a Ruliña

Elaboración

Poñemos a desalgar a cacheira, o lacón e o lomedro con 48 horas de antelación, con auga abundante que deberemos cambiar cada 10 horas. Tamén poñemos en remollo os garavanzos durante 12 horas. Logo, nunha pota grande ben chea de auga, cocemos as carnes desalgadas. Pasada unha hora e media, pasamos parte do caldo a outra pota na que botamos para cocer o repolo, as patacas, os garavanzos e mais os chourizos. A carne de porco tardará un par de horas en estar ben feita, pero como os tempos poden variar, é recomendable ir comprobando que cada elemento está ben cocido antes de retiralo para o servir en bandexa.

REVISTA MAIO

Tres Fuciños

A cooperativa galega de pequenos produtores porco celta, a única raza de porco autóctona do país, chámase Tres Fuciños. Trátase dunha empresa en que criadores de varias zonas de Galicia comparten ética sostible e respectuosa á hora de criar os animais dos que se serven. Os porcos están criados en campo aberto e montes de carballos e castaños, libres, con hectáreas de terreo para moverse como máis lles preste. Aliméntanse con produtos da horta que lles serven os gandeiros e tamén coas landras e castañas dispoñibles nos arboredos polos que se moven. A raza e o estilo de vida activo fan que a carne resultante teña unha cor intensa, cunha graxa máis saudable e moi saborosa. Alén dos produtos salgados para o cocido ou lacón, aquí tamén se venden xamóns e embutidos curados de alta calidade, que podemos comprar nos supermercados Alcampo, na súa web e por teléfono.

Facebook: @tresfucinos | Instagram: @3fucinos | Web: tresfucinos.gal