Que comprar na Feira do Libro de Vigo?
A oferta da Feira do Libro é todos os anos ampla e variada, pero recomendamos estar atentos a algúns dos libros que se presentarán eses días, e dos que poderedes falar cos autores (ou pedir que volos asinen) na propia Feira.
‘Fóra do normal’ de María Reimóndez Gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, esta novela ten como protagonista a André, en conflito co seu corpo e coa súa identidade.Presentarase o 4 de xullo ás 19:45h |
‘María Vinyals. Un talento rebelde’ de Isabel Blanco Recreación literaria da biografía de María Vinyals, a Marquesa de Ayerbe, escritora, articulista e pioneira do feminismo inxustamente esquecida.Presentarase o 3 de xullo ás 20:30h |
‘O xardineiro dos ingleses’ de Marcos Calveiro O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas da Galicia de principios do século XX.Presentarase o 4 de xullo ás 20:30h |
‘Lapis na noite’ de Ramón Nicolás Novela de carácter histórico que se achega ás vivencias do exilio, focalizándose nas vidas truncadas polo franquismo e sobre todo pola maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina.Presentarase o 5 de xullo ás 19:45h |
‘Alma e o mar’ de Francisco X. Fernández Naval Técense aquí un thriller, a reivindicación feminista e o retrato dunha protagonista que nos amosa a afouteza dunha muller do noso tempo.Presentarase o 5 de xullo ás 20:30h |
The following two tabs change content below.
Cristina Domínguez
Licenciada en xornalismo e literatura comparada, adora ler, escribir, o cine, a praia e por suposto, gozar da oferta cultural de Vigo. Traballa como redactora e community manager freelance, e é co-fundadora de medios como Librópatas, Disquecool ou MuebleSueco.
Últimos posts de Cristina Domínguez (ver todos)
- Que comprar na Feira do Libro de Vigo? - 2 Xullo, 2018
- 10 días para gozar da literatura (e mercar moreas de libros) - 26 Xuño, 2018