UVIGO
FILLOAS

María Xosé Queizán inaugura este xoves unha atípica Feira do Libro en Vigo

Baixo o lema “Non contaxian, pero enganchan” a Federación de Libreiros de Galicia inaugura este xoves a Feira do Libro de Vigo, que estará aberta ata o 4 de xullo e contará cun número reducido de casetas e actividades respecto a anos anteriores.

Feira do libro 2019

Despois de que Santiago de Compostela estrease a tempada de Feiras do libro o pasado 13 de xuño, convertíndose na primeira do 2020 a nivel nacional, chega o turno de Vigo. A Feira da cidade olívica poderá visitarse entre o 25 de xuño e o 4 de xullo nos arredores do MARCO, na rúa do Príncipe, en horario de 11 a 14 e 16 a 21 h.

A feira, cuxa celebración estaba prevista para o mes de marzo, contará coa presenza de 50 autores de diversos xéneros: infantil, cómic, novela e ensaio. Firmarán exemplares e conversarán cos seus seguidores, quen deberán levar máscara, manter a distancia de seguridade e utilizar xel hidroalcólico. Polo momento, está confirmada a presenza de Pedro Feijoo, Manuel Rivas, Manuel Bragado y María Xosé Porteiro.

Xurxo Patiño, representante en Vigo da Agrupación de Libreiros de Galicia tamén aclarou que este ano non haberá actividades paralelas alén das sinaturas dos autores. Ademais, o excepcional momento de celebración da feira provoca que tan só seis librerías formen parte da mesma este ano.

CAMELIAS NADAL

María Xosé Queizán será a encargada de realizar o pregón deste ano, dando inicio a 10 días de promoción da lectura e o sector libreiro. A autora, que conta cun parque no seu nome na nosa cidade, é unha voz importante na renovación da literatura e a inclusión das voces femeninas tanto dentro como fóra das páxinas dos libros.