VIALIA
PLAYDOC

Decenas de actividades para a 45ª Feira do Libro de Vigo

Do 27 de xuño ao 6 de xullo a rúa do Príncipe encherase de libros, obradoiros, coloquios e firmas coa 45ª edición da Feira do Libro en Vigo. En definitiva, de paixón pola literatura. Este ano desprázase uns metros á zona da Farola e do museo MARCO, onde haberá un total de 14 casetas distintas.

Volve a Feira do Libro a Vigo do 27 de xuño ao 6 de xullo , unha das 16 que se celebran por toda Galicia, que este ano celebra 45 edicións. Unha das novidades é a súa localización que volve cambiar tras o seu paso da Alameda á Porta do Sol. Neste caso, o desplazamento é menor: dun extremo ao outro de Príncipe, na zona da Farola e do museo MARCO. Os motivos? Un terreo máis sinxelo para colocar as casetas (na Porta do Sol hai un lixeiro desnivel) e adiantarse ás futuras obras de humanización que haberá nesa zona.

As actividades, como de costume, son máis que abundantes. Comezando polo xoves 27, a Feira inaugurarase co pregón da escritora local Inma López Silva. Un acto que non é casualidad: este ano estará cheo de reivindicación feminina e feminista, coa chegada da caseta do Centro de Estudos Feministas, coa colección Feminismos da editorial Galaxia e coa exposición De muller a muller.

REVISTA ABRIL

Outra das novidades é a participación da Federación de Bandas de Música Popular de Vigo, co Festival de Bandas Escola que terá lugar os días 29 e 30 de xuño ás19:30 con oito bandas dos diferentes barrios vigueses. Un dos nosos autores franquicia, Pedro Feijóo, realizará unha serie de roteiros polo Casco Vello os días 2, 3 e 4 de xullo ás 18:30. O número de prazas será de 25 por roteiro, e para realizar a inscrición compre mercar un libro con anterioridade na feira. Tamén será un evento familiar con diferentes actividades para crianzas ao longo da semana.

Como sempre, todos os libros terán un 10% de desconto, ademais de participar no sorteo dun lote de libros e unha fin de semana nun balneario por cada compra realizada estes días. Poderemos atopar presentación, coloquios e firmas tanto de autores recoñecidos como doutros noveles, como por exemplo Xosé Luís Méndez Ferrín, Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Fran Alonso, Domingo Villar, María Soliño, Iolanda Zúñiga, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Inma López Silva, Antonio García Teijeiro, Ana Fontenla, Diego Giráldez, Yesica Prol, Luís Davila e moitos outros máis. Porque ademais da evidente motivación comercial da Feira, tamén se pretende dar a coñecer novos escritores e escritoras locais e achegar a literatura e os libros á rúa e á sociedade.

As 14 casetas participantes serán as da Biblioteca Municipal Neira Vilas, Biblioteca Pública Juan Compañel, libraría Cortizas, libraría Pedreira, editorial Galaxia, libraría Cartabón, Nobel Gran Vía, Centro de Documentación Feminista, libraría Lafer, libraría Don Papel, Casa del Libro, libraría Mendinho, Librouro e Libros para soñar.

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe

(GMT+01:00) Príncipe