BANNER XERAIS

Guía de actividades polo Día das Letras Galegas en Vigo

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á poesía popular oral coa finalidade de recoñecer a importancia a tradición non escrita, que acompaña á nosa sociedade desde sempre. Por este motivo, Vigo ofrece unha chea de actividades relacionadas con esta celebración ao longo da semana, como concertos, foliadas e obradoiros para os máis pequenos.

Teresa, Prudencia, Manuela e Adela en Mens (1982) | Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego

Este ano, A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

Pese á prohibición da lingua galega nos textos escritos a partir do século XVI, a poesía oral mantívose viva ó longo do tempo, canda a lingua, fóra das canles oficiais e case por completo da letra impresa. A súa actitude de espontaneidade, tolerancia, desorde e certa despreocupación pola forma valeulle normalmente unha valoración negativa desde os estratos sociais que procuraban unha cultura baseada no coñecemento da cultura clásica, a disciplina e o acatamento ás formas. E a distancia entre ambas foi aumentado por mor da difusión da imprenta, a escolarización e a urbanización. Deste xeito, fluíu como unha corrente subterránea alternativa á denominada literatura “culta”, propia das clases subalternas que a compuxeron e a fixeron medrar. É a oralidade o seu medio de expresión e transmisión, amais do seu carácter colectivo. Desenvólvese no contexto das foliadas, celebracións da fin dos traballos agrícolas, con música e baile, ao xuntarse a xente arredor de cantadoras e pandeireteiras. E foi fundamental no rexurdimento da literatura galega e no seu desenvolvemento posterior. As mulleres foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura

Vigo ofrece unha chea de actividades e foliadas tanto para os máis cativos como para os adultos, coa finalidade de celebrar o Día das Letras Galegas por todo o alto. Preme en cada evento para ver máis información.

CONCERTOS

FOLIADAS

INFANTIL

ACTIVIDADES PARA O COCO

REVISTA MAIO