CAMELIAS MASCOTAS

Sorteamos o libro ‘Historias de Vigo’ de Jorge Lamas

Este venres 8 de xuño Jorge Lamas presentará o seu libro ‘Historias de Vigo’ en Librouro e non se nos ocorre mellor obra para sortear con todos vós e daros as grazas polo voso seguimento nas Redes Sociais. O gañador poderá recoller o libro o propio día da presentación, coñecer ao escritor e levarse o exemplar firmado. 

 

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar e ata o xoves 7 de xuño ás 12 da noite, o venres 8 coñeceremos o nome da persoa premiada.

Sobre ‘Historias de Vigo’

Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico.É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!

O venres, día 8 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Librouro, terá lugar a presentación do libro <em>Historias de Vigo</em> de Jorge Lamas, editado por Xerais.

No acto participarán Jorge Lamas e Manuel Bragado.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o xoves 7 de maio ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA NOVEMBRO

O premio:
Sortéanse un exemplar do libro “Historias de Vigo” de Jorge Lamas, Ed. Xerais. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.