Juanes únese ao calendario de concertos en Castrelos
Esta mañá Abel Caballero anunciou un dos grandes concertos que quedaban por confirmar para este verán. O 8 de agosto o colombiano Juanes volve a Vigo despois de 7 anos.
Tras de facer pública a visita de Maná e Little Steven como unhas das grandes citas do verán hoxe a corporación municipal sorprendíanos cun novo “macro concerto”.
O cantante colombiano Juanes é coñecido por temas como “La camisa negra”, “A Dios le pido” ou “Besos en guerra” xunto a Morat, grupo que tamén visitará a nosa cidade este verán.
A cita con Juanes será o 8 de agosto que se suma á de Little Steven o 12 de xullo; Joan Manuel Serrat que será o 21 de xullo, Maná o 23, Dorian + Zoe xuntaranse o 27 do mes, Morat virá o 31 de xullo e xa no mes de agosto Raphael o día 2 e Cantajuegos o 4.
Tal e como dixo o rexedor, aínda queda por desvelar outro concerto co que se completará o cartel de festas de Castrelos “máis importante que houbo nunca en Vigo”.
Estaremos ben atentos.