‘Somos Criminais’, Filloas e Carlos Núñez esta fin de semana en Vigo
Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.
CONCERTO FILLOAS – Venres ás 21:30h na Kominsky – Desde 7,00 €
Filloas é un artista de pop urbano en galego que che ven a traer unha música coa que non pararás de bailar e moverte. O seu estilo baséase na autenticidade das letras, que se misturan con ritmos clásicos como o punk con outros máis modernos como o hyperpop ou o trap. Música actual, auténtica e divertida en galego.
MERCADO DE SEGUNDA MAN – Sábado e domingo no Tinglado de Porto – De balde
O Tinglado do Porto de Vigo acollerá un mercado de segunda man onde os cidadáns poderán vender e comprar unha gran variedade de produtos, desde roupa e libros ata xoguetes e obxectos de decoración. O horario de apertura ao público será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
MERCADO RECICLADO DE NADAL – Sábado e domingo en Simia Coworking – De balde
O Mercado Reciclado organizado por Felicetta Gualtieri celebra unha edición especial de Nadal cun evento de dous días no que haberá feira, talleres, música en directo, exposición e gastronomía.
ESPECTÁCULO ‘C@NTO CONTIGO’ – Sábado ás 12:00 na Biblioteca Juan Compañel – De balde
Espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorrido por cancións dos seus traballos Brinca Vai!, Radio Bulebule e Extra! ando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Para nenos a partir de 4 anos.
PAPANOELADA MOTEIRA – Sábado ás 16:00h desde Navia – De balde
Non é preciso inscribirse. Para participar só é necesario ir en moto, vestir de Papa Noel, levar caramelos para repartir entre os nenos ao longo do percorrido e entregar no punto de saída 1 kg de comida non perecedeira para o Banco de Alimentos. Máis actividades de Nadal na axenda de Nadal en Vigo de A Movida.
ESPECTÁCULO ‘LA GRANJA DE ZENÓN’ – Sábado ás 16:30h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 30,00 €
Todos os amigos da granxa chegan outra vez ao teatro para contarnos unha historia incrible: Tito e Bartolito, soñan chegar ao arco da vella, pero ambos ven decepcionados cando Zenón e Pinto dinlles que iso é imposible.
CONCERTO CHAMAN – Sábado ás 21:00h na Sala Doppler – Desde 15,00 €
Tras 6 anos sen pisar os escenarios, Chaman volve con novo álbum, xira e unhas ganas enormes de reencontrarse cos seus seguidores. No show de presentación poderase gozar das cancións en directo do seu último traballo, “Cromático”, así como dos grandes éxitos do madrileño.
CONCERTO AILÁ – Domingo ás 19:00h na Sala Rebullón – 10,00 €
Ailá presenta Tradimensional, o seu cuarto e novo traballo de estudio. A proposta desta formación está inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas.
CONCERTO CARLOS NÚÑEZ – Domingo e luns ás 20:30h no Teatro García Barbón – Desde 21,00 €
Como xa é tradición, o gaiteiro galego máis internacional volve a casa por Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente.