O artista local Filloas despide o ano cun concerto na Kominsky
Detalles do eventos
Filloas é un artista de pop urbano en galego que che ven a traer unha música coa que non pararás de bailar e moverte. O seu estilo baséase
Detalles do eventos
Filloas é un artista de pop urbano en galego que che ven a traer unha música coa que non pararás de bailar e moverte. O seu estilo baséase na autenticidade das letras, que se misturan con ritmos clásicos como o punk con outros máis modernos como o hyperpop ou o trap. Música actual, auténtica e divertida en galego.
Dende os sintetizadores trepidantes e beats enerxéticos ata as letras cargadas de afiada retranca e humor, cun toque de nostalxia, Filloas captura o espírito dunha xeración conectada e creativa. Unha explosión de hyperpop e electrónica que fusiona ritmos frenéticos con letras cheas de referencias a animes, videoxogos e memes. En directo promete levarte a unha viaxe sonora inesquecible, onde cada canción é unha aventura chea de enerxía, nostalxia e diversión.
O seu novo álbum verá a luz en febreiro de 2025 baixo o selo Alende Música. Como adianto, xa puidemos escoitar o sinxelo “22 minutos”, que vén acompañado dun videoclip dirixido por Xaime Miranda. Así mesmo e para despedir o ano, Filloas publicará o 16 de decembro un novo sinxelo de adianto “despawn”. Deste xeito, o artista anticipa o seu novo son, cheo de intensos ritmos electrónicos e letras que exploran reflexións xeracionais propias, sempre tinguídas dunha retranca e identidade que o fan un artista inconfundible. O movemento Filloas é imparable, e así o demostrou sendo o artista gañador do concurso Novos Valores 2024 do Festigal. Filloas presenta unha declaración de intencións, destacando como un dos artistas emerxentes máis inquedos da escena galega. Coa festa por bandeira, en directo atoparás autenticidade, diversion e risas.
Máis
Hora
20 decembro, 2024 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes