Concertos homenaxe a Batman e Ennio Morricone, Matt Pascale e ‘O Pequeno Poni’ esta fin de semana en Vigo
Concurso de tapas, teatro, cine brasileiro e moitos concertos esta fin de semana en Vigo. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
O PETISQUIÑO – Desde o xoves ata finais de mes en 32 locais – 4,00€
O concurso de tapas celebra dez edicións na cidade. Ata o día 27 de outubro a cidadanía poderá porbar e votar ás súas tapas favoritas, que participarán nunha final con xurado profesional. Este ano participan 32 locais por toda a cidade.
A CLÁSICA: BATMAN – Venres ás 20:30 no Teatro García Barbón – Desde 6,00€
Dentro das celebracións do seu 40 aniversario, a Orquesta Clásica de Vigo ofrece un concerto coa banda sonora dunha das sagas de superheroes máis famosas: Batman.
SR: SALVAJE – Venres ás 21:30 na Sala Kominsky – 8,00 €
Banda formada en Santiago de Compostela por tres habituais da escena, cun directo tremendamente explosivo e de alta octanaxe. Están presentando o seu último disco de rock and roll, Vuela.
PONTE COA LUSOFONÍA – Sábado ás 19:00 no Marco – De balde
Segunda xornada do ciclo de cine galego e lusófono. Nesta ocasión proxectaranse dous filmes de Brasil. A curtametraxe A menina e o pote, de Valentina Homem e a longa Retratos Fantasmas, de Kleber Mendonça Filho
MORRICONE Y 1OO AÑOS DE CINE – Sábado ás 19:30 no Mar de Vigo
Ennio Morricone foi un compositor e director de orquestra italiano coñecido por compoñer a banda sonora de máis de cincocentas películas e series de televisión. Desde El Bueno, el Feo y el Malo, a Titanic, El Padrino ou El Señor de los Anillos, interpretadas pola Royal Film Concert Orchestra.
SUPERTHINGS – Sábado de 17:30 a 21:30 en Vialia – De balde
Os SuperThings son pequenas figuras de acción, superheroes que viven aventuras incribles nun mundo diminuto. Cada figura ten a súa propia personalidade e habilidade especial. Este sábadoos nenos poderán coñecelos e facerse fotos cos personaxes.
‘O PEQUENO PONI’ – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 11, 00 €
Peza de teatro que conta a historia real de Luismi, un neno que no 2014 convertiuse en obxecto de burlas por levar unha mochila da serie My Little Pony. Sen pretendelo, a serieconverteuse nun símbolo da loita contra o acoso escolar a nivel mundial.
UNDERFEST BITES: JACK BROADBENT – Sábado ás 21:00 en Radar – 17,60 €
Jack Broadbent é un guitarrista, cantante e compositor británico de blues rock. Coñecido pola súa potente voz e a súa habilidade coa guitarra slide, lanzou varios álbums e compartiu escenario con grandes músicos como Lynyrd Skynyrd e Peter Frampton. A súa música, unha mestura de blues clásico e rock moderno, levouno a percorrer o mundo e a gañarse unha gran base de fans.
MATT PASCALE & THE STOMPS – Sábado ás 22:00 na Sala Rebullón – Desde 13,00 €
Matt Pascale & The Stomps é unha banda que fusiona o rockabilly clásico cun toque moderno e enerxético. Con Matt Pascale á cabeza, a banda crea un son cativador que combina guitarras eléctricas con instrumentos de vento e un ritmo contaxioso que fai bailar ao público.
EUROVISIÓN PETARDPOP PARTY – Sábado ás 23:30 no Plaff – 10,00 €
Festa anual eurovisiva que este ano contará coa presenza da cantante Aiko, representante checa no festival de Eurovision 2024, e que ademais, non estará soa no escenario, senón que a acompañará Kat Almagro, batería do grupo español Megara, representantes de San Marino este mesmo ano.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024