CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Concertos, cine, maratón fotográfico e moito teatro esta fin de semana en Vigo

Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Musical de Friends

MUSICAL ‘ FRIENDS: THE MUSICAL PARODY’ – Venres ás 20:30h no Teatro Afundación – Desde 24,20 €

Adapatación do musical de Broadway especialmente indicado para os fans da serie Friends, os seus icónicos personaxes e os momentos máis divertidos das 10 tempadas da serie.

CONCERTO DE SERPE E MOLOCH – Venres ás 21:00 en Transylvania Metal Pub – 10,00 €

Evento musical único que reunirá a dúas das bandas máis prometedoras da escena rock alternativa galega: Serpe e Moloch. O estilo musical de Serpe caracterízase por unha fusión de estilos como rock, post-rock, post- hardcore, rap, indie e pop. Esta mestura dá lugar a un son enérxico marcado por atmosferas escuras e melodías envolventes.

Serpe

CONCERTO DE BLACKSTEREO – Venres ás 21:30 en Radar Estudios – Desde 8,00 €

O próximo 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, e a asociación DOA realizará unha serie de eventos conmemorativos en Vigo, Moaña e Cangas.

MARATÓN FOTOGRÁFICO DE VIGO – Sábado ás 11:00 desde o Colexio Oficial de Arquitectos – 15,00 €

Concurso fotográfico de 24 horas de duración no que os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización e entregar unha foto por cada un deles no control de chegada. As fotos deberán ser feitas dentro dos límites do Concello de Vigo ou ben ter a Vigo como suxeito da imaxe.

FESTA DA SIDRA DE BEMBRIVE – Sábado e domingo na Alameda do Torreiro da Ponte – De balde

26 edición da tradicional festa da sidra na que se poderá degustar a bebida e escoita concertos de música popular.

PONTE COA LUSOFONÍA – Sábado ás 19:00 no MARCO – De balde

Comeza o ciclo de cine de catro sábados adicado ás cinematografías galega e lusófonas. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe O corpo aberto, de Ángeles Huerta, e a curtametraxe Nena, de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias.

DOCUMENTAL ‘SEGUIMOS EN PÉ’, DE DAKIDARRÍA + CONCERTO DE PETER PETROWSKI – Sábado ás 18:00 na Sala Rebullón – Desde 5,00 €

Xornada de dobre evento na Sala Rebullón. Ás 17:00h Dakidarría presenta o documental sobre os seus 20 anos de traballo ‘Seguimos en pé’, con coloquio e unha miniactuación con algúns dos seus membros. A partir das 18:00 o produtor Peter Petrwski presenta o seu último disco, All-Stars, con presenza de máis dunha vintena de artistas galegos colaboradores.

TEATRO ‘El TRAJE’ – Sábado ás 20:00 no Auditorio do Concello

Javier Gutiérrez e Luís Bermejo protagonizan esta montaxe trepidante, asfixiante e desternillante ao mesmo tempo nun duelo interpretativo subterráneo. Escrita e dirixida por Juan Cavestany.

ESPECTÁCULO DE IMPROVISACIÓN CON COLECTIVO DO FLOW – Sábado ás 20:30 na Sala Ártika – Desde 10,00 €

CAMELIAS NADAL

No Colectivo do Flow contruímos historias no mesmo momento de representalas, Sempre con humor, música, intelixencia e irreverencia.

DESAFÍO BOOT CAMP – Domingo ás 10:30h na Praia de Samil

A carreira de obstáculos máis emblemática e popular do noroeste peninsular, reunirá a máis 2.000 participantes na praia de Samil o domingo 6 de outubro para celebrar o seu décimo aniversario.