CAMELIAS

Este é un evento repetitivo

Ponte coa Lusofonía

05out19:00Ponte coa LusofoníaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O  sabado 5 de octubro, e ao longo dos vindeiros sábados de outubro, Abella Producións vai poñer en marcha a cuarta edición do proxecto Ponte coa Lusofonía, unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Guinea-Bissau, que foron seleccionadas para os principais festivales do mundo.

Moitas destas películas serán exhibidas por primera vez ao público galego. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe O corpo aberto, de Ángeles Huerta, e a curtametraxe Nena, de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias . 

Este será o primeiro das catro datas programadas para Ponte coa Lusofonía IV, que continuarán os días 12, 19 e 26 de outubro.  Todas as sesións son gratuítas e comezan ás 19:00 h no Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e do Museo Marco.

PROGRAMACIÓN COMPLETA:

DATA ORIXE TÍTULO REALIZADOR ANO DURACIÓN
5 de outubro GALICIA O corpo aberto Ángeles Huerta 2022 91 min
Nena Xosé A. Touriñán 2023 18 min
12 de outubro BRASIL Retratos Fantasmas Kleber Mendonça Filho 2023 93 min
A menina e o pote Valentina Homem 2024 13 min
19 de outubro Guiné-Bissau Nome Sana Na N’hada 2023 117 min
Prima ku Lebsi Welket Bungué 2024 25 min
26 de outubro PORTUGAL Césaria Évora Ana Sofia Fonseca 2023 94 min
Percebes Alexandra Ramires (Xá), Laura Gonçalves 2024 11:30 min

Máis

Hora

5 outubro, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events