CAMELIAS

Proxección 'Seguimos en pé' de Dakidarría

05out17:00Proxección 'Seguimos en pé' de DakidarríaESPECTÁCULOS | 8,00 €17:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O grupo do Val Miñor, Dakidarría, presenta de balde en Galicia o seu documental Seguimos en pé, dentro das accións de celebración do XX aniversario da formación.

Tras unha primeira proxección durante o festival Revenidas o pasado 13 de setembro, Dakidarría acaban de anunciar varias pre-estreas con entrada de balde ata completar aforo desta peza audiovisual de 34 minutos, onde repasan a súa extensa carreira ao mesmo tempo que amosan o momento actual do grupo e da escena musical galega. 

Da man da produtora Arcadia Universe o público poderá adentrarse no día a día de Dakidarría, unha banda punteira no panorama musical galego que leva tantos anos espallando o súa música e a súa mensaxe rebelde e inconformista arredor do mundo. Ademáis da propia proxección do documental, os actos contarán cunha pequena mesa redonda onde membros da banda e da produtora comentarán o percorrido e as curiosidades do que foi a realización do proxecto. Ao rematar o evento, o grupo relizará un mini showcase acústico para o deleite do público asistente. 

Datas das pre-estreas en Galiza:

27/09 LALÍN (C.S. de Noceda, 20:30 horas) 
28/09 OURENSE (Café Auriense, 21:00 horas)
03/10 SANTIAGO (Pub Avante, 23:00 horas)
04/10 FERROL (A.C. Artabria, 20:30 horas)
04/10 A CORUÑA (Pub Kazuza Orzán, 23:45 horas)
05/10 MOS (Sala Rebullón, 17:00 horas)

Máis

Hora

5 outubro, 2024 17:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events