Día Mundial da Saúde Mental: BlackStereo
Detalles do eventos
No día mundial da saúde mental, DOA quere poñer o foco sobre o dereito a un traballo digno e o dereito a que a xornada
Detalles do eventos
No día mundial da saúde mental, DOA quere poñer o foco sobre o dereito a un traballo digno e o dereito a que a xornada laboral sexa unha vivencia agradable, positiva e enriquecedora. Todo proceso de recuperación culmina cando a persoa desempeña un rol social, sendo un dos roles máis satisfactorios a actividade profesional. Un emprego ben remunerado procura un proxecto de vida independente; a responsabilidade determina a natureza da nosa experiencia mental e axuda a superar as limitacións. Para que o ámbito laboral sexa respectuoso coa diversidade debemos cultivar espazos onde crezan a autoestima, a seguridade e a confianza, e crear un clima para que a persoa mostre a súa verdadeira capacidade.
O próximo 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, e ao longo de outubro e novembro DOA realizará unha serie de eventos conmemorativos en Vigo, Moaña e Cangas.
30 DE SETEMBRO a 13 DE OUTUBRO
Exposicións “Cartelería Histórica” e “Bordando Estrellas”
Lugar: Centro Comercial Camelias
Colabora: Centro Comercial Camelias
4 a 11 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN “Morrazo Urban Art”
Inauguración: Venres 4 ás 17:00 con DJ Paulova
Horario: Laborables de 11.00-13.00
e de 16.00-18.30. F.S 10:00-13:30
Lugar: Concello Vello de Moaña
Colabora: Concello de Moaña
4 DE OCTUBRE
21:30
CONCERTO BENÉFICO “Black Stereo pola Saúde Mental”
Lugar: Sala Radar. C/ Iglesias Esponda 30A Vigo
Entradas á venda en Ataquilla.com
Entrada anticipada/fila cero 8€. Na porta10€
Colaboran: Black Stereo, Sala Radar
10 ao 18 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN “Artefactos. A Cabesiña Non Para!”
Inauguración Xoves 10 ao 17.00
Horario: Laborables de 11:00-13:00 + 16.00 -18.30. Festivos E F.S. 10.00 -13.30
Lugar: Capela do Hospital- Alameda Vella de Cangas.
Colabora: Concello de Cangas
10 DE OUTUBRO
11:00-13:30
Dinámica 10/10 – “ArteDeMente”
Representación do grupo “Furafollas Teatro”
Entrega premios Carteis DMSM 2024
Lectura do manifesto do Día Mundial da Saúde Mental
Auditorio Concello de Vigo – Praza do Rei
Colabora: Concello de Vigo
14 ao 19 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN De Ste Xeito + Doa SM
Lugar: Hall do Auditorio de Cangas
Colabora: Concello de Cangas
MESAS INFORMATIVAS
30 de Setembro C.C. Camelias de 10:30 a 13:00
04 de Outubro C.C. Travesía de 09:00 a 13:00
08 e 9 de Outubro C.C. Gran Vía de 09:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30
11 de Outubro Edificio Administrativo da Xunta en Vigo de 10:00 a 13:30
18 de Outubro C.C. A Laxe de 10:00 a 13:30
Colaboran: Xunta de Galicia, e Centros
Comerciais Camelias, Travesía, Gran Vía e A Laxe
14 ao 31 DE OUTUBRO
EXPOSICIÓN “Cartelería Histórica”
Lugar: Centro Comercial A Laxe
Colabora: Centro Comercial A Laxe
NOVEMBRO
EXPOSICIÓN “Bordando @Estrella”
Lugar: Centro Comercial Travesía
Colabora: Centro Comercial Travesía
Máis
Hora
4 outubro, 2024 21:30(GMT+02:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes