CAMELIAS MASCOTAS

The Wild Fest, TerraCeo, Meu Fest e festas en Zamáns para pechar o mes de agosto

Agosto chega á súa fin como empezou: cunha morea de plans para todos os gustos. Temos festivais, mercados, eventos gastronómicos, concertos e artes escénicas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

The Wild Fest | Foto: Paula Cermeño

THE CHAMPIONS BURGER – Ata o domingo na praza superior de Vialia – 12,50 € cada hamburguesa

Festival gastronómico no que compiten 19 restaurantes por ofrecer a mellor hamburguesa gourmet de España. O publico poderá probar e votar á súa favorita.

SOLPOR NA REBULLÓN: JAY & THE SMOKING MACHINES – Xoves ás 21:00 no CC As Pedriñas – De balde

Última cita dos Solpores, sesións musicais ao aire libre, con incríbles vistas e propostas musicais galegasde distintos estilos e para todos os públicos. Jay & the Smoking Machines clausuran o ciclo con Rock & Roll, Funk e Blues en galego.

Jay & The Smoking Machines

THE WILD FEST – De venres a domingo no parque forestal de San Miguel de Oia – Venres e domingo de balde / Sábado 25,00 €

Festival de música, cine e natureza de Vigo. Coas actuacións de Dakidarría, Julián Maeso, Moura e Moonshine Wagon; concurso de bandas galegas, sesións vermú,cine ao aire libre, foodtrucks e unha completa programación para familias.

MEU FEST VINTAGE- De venres a domingo na zona do Náutico – De balde

Festival de artesanía e marcas emerxentes, con 60 postos de roupa vintage, artes plásticas e artesanía. Tamén haberá DJ sets e postos de comida.

FESTAS VIRXE DOS AFLIXIDOS EN ZAMÁNS – De venres a luns en Zamáns – De balde

Tradicional festa parroquial con variedade de eventos relixiosos e musicais. Destaca a actuación das orquestras New York e Triunfo (sábado), París de Noia (domingo) e Kubo (luns 2).

Niña Polaca

TERRACEO: NIÑA POLACA – Venres ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – 22,00 €

O quinteto madrileño de indie rock vén presentar á azotea do auditorio vigués o seu segundo disco, Que adoren tus huesos. A banda é un exemplo de movemento e camaradería en cada un dos seus concertos.

HIPPIE FEST – Sábado ás 18:30 no CC Travesía – De balde

Festa Hippie inspirada na película “Mamma Mia” para celebrar a fin do verán con todas as familias que queiran achegarse ao Centro Comercial. Espectáculos de danza, música en directo, taller de coroas de flores e photocalls.

MARINITA Y SUS MAROMAS – Sábado ás 20:00 no Auditorio Municipal de Teis – 10,00 €

REVISTA NOVEMBRO

Espectáculo de Cabaret con cancións en directo, transformismo con cancións en playback, números acrobáticos, monólogos, escenas de humor, moito humor e todo para facer unha reflexión sobre a sociedade actual, o xénero, as relacións humanas e a diversidade.

Marinita y sus maromas | Foto: Miguel Vidal

PANOS DE VINAGRE – Sábado ás 21:00 na Casa do Patín – De balde

Espectáculo de teatro na rúa inspirado no valor do legado familiar, coa lembranza dunha bisavoa como fío conductor. O público vai ser partícipe dunha historia real, cando as mulleres utilizaban panos de vinagre para curar os negróns.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.