WELGOOD

Despide o mes de agosto no Mercado Creativo do Conxeito

Este venres 31 celébrase o Mercado Creativo no Conxeito, uns dos locais da zona coñecida como ‘Vinos’ que máis actividades culturais propón. Nel atoparemos postos de roupa, gastronomía e ilustración, ademais dunha intervención na rúa e un concerto para rematar a xornada e o mes.

Cartaz do evento | Marcia Vázquez

O venres 31, a partir das 17:30, haberá no Conxeito (Rúa Real, 48) o Mercado Creativo, un evento que contará cun mercadiño, unha intevención escénica na rúa, un xantar popular e un concerto, todo de balde. No mercado atoparemos os postos da ilustradora Irene Merens, manxares gastronómicos marroquíes gracias a Najat, multitude de prendas de roupa de segunda man por parte de Inweed e un stand da Organización 85C, na que dúas das súas integrantes nos informarán sobre o seu festival, que terá lugar os días 7, 8 e 9 de setembro, e venderán as entradas anticipadas para as diferentes actuacións, ademais de ter algo de merchandising da pasada edición.

Sobre as 20:00, as artistas Eva Comesaña e Marcia Vázquez levarán a cabo a súa intevención artística na rúa que leva por título El Lavadero. Será unha acción entre a danza e o teatro cuxo obxectivo é chamar a atención dos transeúntes e buscar unha nova vía na educación de xénero. A performance, que se realizará no exterior do local, será unha reivindicación feminista bastante guerreira coa que se pretende achegar a este movemento á xente que aínda non forma parte del e informar, dun xeito distinto, sobre o machismo da sociedade actual. Loxicamente, como acontece neste tipo de intervencións, o seu e pasarse por alí para gozar e sorprenderse co espectáculo.

Despois do xantar popular, que será unha comida vegana con fruta de postre a un prezo moi reducido, chega outro dos pratos fortes da xornada: o concerto da cantautora viguesa Laura Jordán co seu rock nostálxico. Poseedora dunha voz con moita personalidade, interpretará temas propios e versións en formato acústico para poñer fin a un día moi especial no Conxeito e no Casco Vello vigués.

REVISTA MAIO

 

(GMT+01:00) Conxeito