Os vigueses elixen a mellor hamburguesa de España a partir do xoves 22
Vialia acolle entre o xoves 22 de agosto e o domingo 1 de setembro o festival gastronómico The Champions Burger no que compiten 19 restaurantes por ofrecer a mellor hamburguesa de España. O publico poderá probar e votar á súa favorita.
19 restaurantes en formato foodtruck instalaranse durante 11 días na praza do Centro Comercial Vialia, entre o 22 de agosto e o 1 de setembro. Cada un deles ofrecerá unha hamburguesa gourmet que compite por ser a mellor de España dentro do concurso The Champions Burger. Esta competición gastronómica, da que tamén desfrutaron na Coruña a pasada semana, caracterízase porque é o público, e non un xurado profesional, quen decide as hamburguesas que pasan á seguinte fase.
Os restaurantes que estarán en Vigo son: La Muralla (Mellor Hamburguesa de España 2023), Jenkins (Mellor 2022), Moflete, El Tarantín Chiflado, Torriko, Rico, Vacarnal, Circo, Umbrella, Soul Coffe Beer, Gottan, Nola Smoke, The Bertys, Guinness, El Barco, Dak Burger Street Food e Carnivale Burger, esta última da Coruña, a única galega. Todas as hamburguesas teñen un prezo unificado de 12,50 €.
Ademais de hamburguesas, no evento atoparemoso foodtruck de polo frito Cheeck’s; Ybarra truck, de patacas fritas e Doritos, con variedade de nachos para combinar con diferentes carnes e salsas. Para os máis lambóns hai dúas propostas con doce: os donuts de Pastelería Loan e as tortas de queixo de As Torres de Ciriaco. Tamén se instalarán postos de bebidas.
A burger máis votada polo público clasificarase para a final española do próximo outono, onde competirá polo título de Mellor hamburguesa de España e, posteriormente, elixirase a mellor de Europa, consolidando o carácter internacional do campionato.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024