VIALIA
bannerPicnicSesions

Tres hamburgueserías viguesas queren ser a mellor de España

Baruta Burger & Kitchen, Caracuchos Furious Food e La Pepita son as tres hamburgueserías viguesas seleccionadas para participar no II Campeonato de Hamburguesas de España. A gañadora será a mellor votada polo público, que deberá acudir ao local probala e votala desde hoxe ata 28 de febreiro.

245 establecementos españoles compiten na segunda edición do Campeonato de Hamburguesas de España, o maior evento gastronómico dedicado a un dos pratos que máis creceu en consumo e calidade na última década. Ata o 28 de febreiro o público votará e decidirá os seus 10 favoritos, que se enfrentarán presencialmente para alzarse co premio a Mellor Hamburguesa e Mellor Cheeseburguer. Entre os competidores está La Barutesa, a creación de Baruta Burguer & Kitchen nada ex profeso para a ocasión.

O ingrediente estrela de La Barutesa é a carne de vaca rubia galega madurada, criada de xeito tradicional nas montañas lucenses e de inconfundible sabor intenso. Procede de animais de entre 10 e 20 anos de idade, que pastan a diario e alcanzan os 800 kg de peso. A carne alíñase moi suavemente coa receita orixinal de Baruta. O seguinte ingrediente principal é o bacon crocante e caramelizado en reducción de xarope de arce e ron venezolano, que será a chispa de sabor distintiva da receita. Completan a hamburguesa un esponxoso pan brioche untado en maionesa de bacon, queso cheddar e unha correante crema de queixo San Simón da Costa afumado.

REVISTA ABRIL

Unha proposta clásica, pero sorprendente, “con toques innovadores, pero próxima aos sabores clásicos da hamburguesa tradicional”, explica Ricardo Antela, dono de Baruta e anteriormente de La Ruta. A aposta de La Barutesa está na calidade e a orixe da materia prima, case toda ela de orixe galega “cun toque venezolano, o ron, que redondea a proposta”, explica o hostaleiro que é, ademias, orixinario do país americano. Deste xeito, asegúranse de ofrecer un produto que guste a un grande número de persoas, pero que resulta dificil de esquecer pola súa orixinalidade e a formidable calidade da carne

En canto ao xeito de selección, a primeira fase realizouse mediante contacto directo da organización con aqueles establecemento que cumplen o perfil de calidade buscado. As hamburgueserías puxéronse mans á obra para pulir a súa proposta e ofrecer a que eles consideran a mellor hamburguesa de España. Hoxe desveláronse as propostas e, ata o 28 de febreiro o público poderá probalas e votalas a través dun código. Tamén os membros do xurado acudirán ás hamburgueserías de incógnito. Tras esta fase de votación popular coñeceremos aos 10 finalistas que se enfrontarán nunha terceira fase, desta volta presencial, o 9 de marzo en MEGA, Museo de Estrella Galicia en Coruña. A decisión final será tomada por un xurado profesional.

A través dun cuestionario online o xurado popular deberá valorar a calidade da carne, o pan e o queixo (de habelo), e , o máis importante, o sabor da proposta no seu conxunto. Só por emitir a súa opinión os clientes optarán a un premio de 1.000 €, que se incrementa en 500€ máis para os seguidores das redes do concurso gastronómico.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.