Triple cita en Castrelos, Festas de San Roque e concerto en Villa Solita esta ponte en Vigo
Chegou a fin de semana máis longa do ano para os vigueses. Aínda que moitos escapan da cidade, Vigo segue a orecer unha ampla oferta de ocio, especialmente concertos, durante estes días. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
FESTAS DE SAN ROQUE – De mércores a domingo – De balde
A famosa Romaría de San Roque, a festa popular urbana máis importante de Vigo, celebrarase do 14 ao 17 de agosto. Na festa conviven bandas e charangas tradicionais con concertos de rock e outras músicas, entre outros poderemos escoitar a Treixadura, Bafana Bafana e Broken Peach. Tamén haberá mercado, degustación de polbo e sardiñas e atraccións infantís.
VAL MIÑOR FEST – De mércores a domingo en Ramallosa – De balde
Festival de cervexa artesá e foodtrucks no Parque da Ramallosa. Está organizado por La ruta del lúpulo e nesta edición participan as cervexeiras Triskale, Ulla, Gribeer e Banda Cervexas. Ademais de postos de cervexa tamén haberá foodtrucks, programación musical diraria e xogos infantís o sábado e domingo ás 19:00.
FESTAS DA PEREGRINA – De mércores a domingo en Pontevedra – De balde
Pontevedra celebra a súa coñecida festa estival entre o 10 e o 19 de agosto con centos de actividades relixiosas, musicais e infantís. Esta fin de semana destacan o concerto de Nil Moliner o mércores, o de Shinova o xoves, Mondra o venres, Fillas de Cassandra o sábado e o espectáculo pirotécnico do domingo.
VÍCTOR MANUEL – Mércores ás 22:00h en Castrelos – De balde
Cancións icónicas como ‘Asturias’, ‘Solo pienso en ti’, ‘Soy Un Corazón Tendido ao Sol’ o ‘El abuelo Víctor’ soarán esta noite no Auditorio de Castrelos co concerto do cantautor máis representativo dos 70 en España. Nesta ocasión, Víctor Manuel vén acompañado de máis de 100 músicos que convertrán o recital nun concerto sinfónico.
CURIOSIDADES SOLITA: Bratzantifa – Venres ás 21:00 en Villa Solita – De balde
O dúo Bratzantifa, composto por Lucía Amado e Marina González, naceu como proposta musical en plena pandemia. Contan que comenzaron a experimentar con sonidos creados coa axuda do teléfono móbil para pasar o rato, e triunfaron no Festigal de 2022 co seu cañeiro bedroom pop.
CONCERTO DE XOEL LÓPEZ + VETUSTA MORLA – Venres ás 21:30 en Castrelos – De balde
Dobre concerto que supón o regreso de ambos grupos ao auditorio vigués despois do seu concerto en 2019. Vetusta Morla son desde hai anos a banda de indie rock máis importante do Estado, colleitando un grande éxito tanto en España como en Latinoamérica. Este concerto será un dos últimos que fagan ata 2026, xa que veñen de anunciar que farán un parón na súa actividade.
FESTIVAL NIGRÁN BLUES – Sábado ás 19:00 en Praia América – De balde
O Concello de Nigrán estrea este verán o primeiro festival da comarca adicado íntegramente ao blues. No espazo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar (Panxón) poderemos escoitar a Javier Vargas, Budda Power Blues, Claudio Gabis e The Stuckey Mai’s Band.
CONCERTO DE MELENDI – Sábado ás 22:00 en Castrelos – De balde
O cantante asturiano é un dos que máis expectación está a crear dentro do programa Vigo en Festas, como quedou demostrado na venda de entradas, que se acabaron rápidamente. As persoas sen entrada para a pista poden desfrutar desde as gradas do concerto, no que Melendi celebra 20 anos de traxectoria e interpretará os seus temas máis coñecidos.
CONCERTO DE VA DE RETRO – Domingo ás 12:45 no Chiringuito da ETEA – De balde
Concerto da banda de versións en sesión vermú. Aquí podes ver os mellores chiringuitos de Vigo e arredores.
FESTIVAL CANJAZZ – De domingo a mércores 21 en Cangas – De balde
Nova edición do Festival Internacional de Jazz que se celebra no municipio de Cangas. Os asistentes poderán gozar ao longo de varios días coas actuacións musicais programadas que levarán a cabo en horario nocturno en Eirado Do Costal, Cambika, Ghato de Mar e Chiringo Massó desde o domingo 18 ao mércores 21 de Agosto. Con jam sessions despois dos concertos.