COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Este luns 29 saen á venda as entradas para Vetusta Morla e Xoel López

16ago21:30Este luns 29 saen á venda as entradas para Vetusta Morla e Xoel LópezCONCERTOS | De balde21:30(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O grupo madrileño Vetusta Morla e o artista coruñés Xoel López son as novas confirmacións para este verán en Castrelos. Supón o seu regreso ao auditorio vigués despois do seu concerto en 2019, no que tamén estiveron acompañados por Furious Monkey House. O concerto deste verán será o 16 de agosto, día festivo local.

Este anuncio prodúcese un mes despois de que Vetusta Morla anunciasen un parón ata 2026 e dous días antes da publicación de Figurantes, o seu noveno disco de estudio. Os madrileños son desde hai anos a banda de indie rock máis importante do Estado, colleitando un grande éxito tanto en España como en Latinoamérica. Este concerto será un dos últimos que fagan ata dentro de dous anos.

Pola súa banda, Xoel López é un dos artistas galegos máis recoñecidos das últimas décadas. Comezou a súa traxectoria nos grupos Lovely Luna e Elephant Band, para despois alcanzar unha notable notoriedade co seu proxecto Deluxe. Como Xoel López publicou cinco discos, nos que mestura o folk, o pop e as músicas de raíz latinoamericana. O seu último traballo é Caldo Espírito (2023).

Entradas á venda o luns 29 de xullo

A venda para o concerto de Vetusta Morla e Xoel López terá lugar o mércores 16 de agosto, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online a través de www.vigoenfestas.cliqueo.es.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. As entradas para este concerto teñen un prezo único de 15,00 €.

PROGRAMACIÓN DE CASTRELOS
13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
27 xullo – Coral Casablanca – 44.165 € (nova data)
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 €
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €

Máis

Hora

16 agosto, 2024 21:30(GMT+02:00)