CAMELIAS MASCOTAS

La Cantina de Bouzas

Co seu equipo en horario ininterrompido de luns a domingo, Roi e Rebe póñeno fácil. Xa sexa para tomar o primeiro café da mañá ou para tomar algo antes da medianoite, La Cantina de Bouzas ofrece tanto espazo interior como terraza para pasar un tempo de calidade.

Xa son máis de seis anos á fronte do local e saben o que busca a súa clientela: un lugar onde, sexa cal for a idade, vaise poder tomar algo e, de venres a domingo, tamén degustar as opcións da carta (as hamburguesas e as espetadas son as opcións máis destacadas). Para grupos ou celebracións especiais, sempre con reserva previa, todos os días son bos e teñen, ademais dunha terraza cuberta reservada, menús desde 12,50 € por persoa.

Sen dúbida ningunha, un dos principais reclamos é a carta de cócteis, onde cada semana se intenta ofrecer unha novidade. O día da nosa visita sorprendeunos ler unha combinación de café, vodka e licor café, sen ir máis lonxe! Todo isto reforzado coa idea de saber que, ademais atopar parada de autobús urbano moi cerca, temos unha ampla zona onde deixar o coche a carón do local e que non hai máis tráfico que o do propio aparcadoiro, algo que co rebumbio diario se agradece.

REVISTA NOVEMBRO

roivigo@hotmail.com | 666 91 07 17 | @lacantinabouzas

Noelia Álvarez
Redactora

Lara Alonso
Fotógrafa