Un mes do Orgullo crítico, cultural e festivo
As asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ lanzan un completo programa durante todo o mes de xuño con actividades como charlas, proxeccións e teatro combinadas con sesións lúdicas de bingo, batukada, pedalada con vermú ou festa de San Xoán. O colofón será a manifestación do 29 de xuño (un día despois do Día Internacional do Orgullo LGBT) na que a bandeira arco da vella onderá en moitas cidades do mundo.
O programa está artellado en colaboración con outros centro sociais e salas da cidade e busca visibilizar as dificultades sociais e políticas ás que se enfrontan as persoas non cishetero, sendo ignoradas, invisibilizas e ata criminalizas por unha sociedade que aínda non acepta totalmente a diversidade sexual e de xénero.
1 de xuño ás 11:00 no C.S. A Desviada ( Avenida Fragoso, 47)- Brunchstorming – Brunch con mesas no que compartir ideas e pensar como construir xuntas. Tamén haberá unha pequena actividade de pintar tartas. A comida será preparada polas compañeiras do propio local, que teñen a disposición un formulario co menú, para que todas as persoas que xa saiban que van acudir reserven con antelación e faciliten o proceso.
1 e 2 de xuño ás 20:00 na Sala Ártika – Teatro: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, do colectivo artístico Vacaburra – Conferencia escénica con servizo de conciliación para nenos. Entradas anticipadas por 10,00 € á venda na web da sala.
8 de xuño ás 20:00 no C.S. A Desviada – Cinema: The Rocky Horror Picture Show – Proxección do filme con interacción do público.
9 de xuño ás 12:30 no Monte Vixiador – Un día en familia – Xornada de convivencia para familiar. Require de inscrición previa.
9 de xuño ás 19:00 na Sala Kominsky – Bingo para señoras – Actividade organizada polo Festival Drag King que busca recadar fondos para as súas actividades e gala do mes de xullo. As papeletas poden comprarse no propio evento. O Festival Drag King de Vigo, que terá lugar o venres 26 e o sábado 27 de xullo, é o único desta disciplina en Galicia. O venres 26 A Morada acollerá un taller de maquillaxe, baile e vestiario con artistas internacionais; pola tarde, na Sala Kominsky, haberá un espectáculo de artistas principiantes, aberto á participación. O sábado 27 a Fábrica de Chocolate será escenario da Gran Gala Drag King na que actuarán artistas profesionais.
11 de xuño ás 19:00 no Museo MARCO – Curtas Festival La Pecca – Proxección dunha escolma de curtametraxes participantes no Pequeño Certamen de Cine de Ambiente, concurso de curtametraxes sevillanoque se caracteriza por exhibir historias relacionadas coa diversidade sexual e de xénero.
13 de xuño ás 18:00 na Biblioteca Neira Vilas – Contacontos – XE musicalizado para nenos a partir de catro anos.
15 de xuño ás 11:30h desde Asociación Nós Mesmas – Pedalada e vermú transmaricabollera – Percorrido en bici e vermú con actuación musical e vermú.
16 de xuño ás 19:00 na Asociación Nós Mesmas – Xuntanza Bibollo – Conversatorio sáfico sobre vivencias comúns e alianzas.
19 de xuño ás 19:00 nos Multicines Norte – Documental: Homofobia de estado + coloquio – O activista Kris Adá falará sobre a realidade migratoria das persoas LGBTIQ+.
22 de xuño ás 19:00 no C.S. A Desviada – Obradoiro de Anarquía relacional -Repensando os vínculos alén dos mandatos do patriarcado.
22 de xuño ás 21:00 no C.S. A Desviada – Festa da desviada hortera – Acude coa túa estética máis excéntrica.
23 de xuño ás 21:00 en Alcabre – San Xoán Transmaricabollera – Quedada na praia de Santa Baia compartindo unha noite máxica.
24 de xuño ás 19:00 en A Morada – Faladoiro: A miña maleta – Experiencias de vida de migrantes LGTBI+ refuxiados, coa colaboración de Amnistía Internacional.
27 de xuño ás 20:00 no C.S. A Desviada – Exposición de Pablo Carreiro – O autor e ilustrador presenta o seu novo cómic da saga Chico! .
28 de xuño ás 18:00 no C.S. A Desviada – Obradoiro de pancartas – Achégate a crear a túa pancarta para a mani do Orgullo.
28 de xuño ás 20:00 no Casco Vello – Pasarrúas batukada – Percorrido reivindicativo polo Orgullo.
29 de xuño ás 20:00 no cruce de Urzáiz con Gregorio Espino – Manifestación – Quedada previa na Porta do Sol con DJ para ir todas xuntas ata o punto de saída.
29 de xuño de 21:30 a 01:00 na Porta do Sol – Festa diversa – Con DJ
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024