A Sala Kominsky é un espazo cultural e de lecer nocturno situado na zona de Churrucaque se consolidou como un dos referentes da escena musical alternativa da cidade. Funciona principalmente como sala de concertos, e tamén organiza sesións de DJ, festas temáticas, espectáculos de performance, propostas escénicas e outras iniciativas culturais.
É un punto de encontro habitual para xente nova e amantes da cultura underground da cidade. De luns a sábado desde as 19:00h están abertos e os xoves, venres e sábados sempre hai un picadiscos.
Rúa dos Irmandiños, 3











