Descubre as illas gregas e Estambul a bordo dun cruceiro da man de Halcón Viajes
Con voo directo desde A Coruña, poderás gozar dunha semana de ensoño a bordo do Costa Fortuna percorrendo Atenas, Mykonos, Creta, Bodrum, Kos e Estambul da man de Halcón Viajes.
Viaxar en cruceiro é unha experiencia que hai que ter polo menos unha vez na vida. E moito mellor se é visitando lugares tan máxicos como as illas gregas e Estambul. Todo isto é posible do 14 ao 21 de xuño da man de Halcón Viajes, que nos propón un fermoso percorrido polos mares Exeo e Mármara.
O 14 de xuño arranca a nosa viaxe cun voo directo desde A Coruña ata Atenas, onde tras facer o check in no barco poderemos gozar da capital grega ata a hora de saída, sobre as 23:00. A xornada seguinte será toda de navegación, co atractivo de cruzar o estreito de Dardanelos (con espectáculo dos Derviches incluído), para poder chegar ben cedo a Estambul, a gran capital turca que une oriente e occidente e marabilla a todo aquel que a visita. Visitas a mezquitas, mercados, prazas e paseos polo Bósforo son algunhas das actividades que podes levar a cabo nunha das cidades máis interesantes do continente.
O luns 17 o Costa Fortuna arribará en Mykonos, a máis fresca e festiva das illas gregas. E, a partir das 23:00, festa a bordo xunto a piscina! Heraclión, a capital de Creta, será a seguinte parada do traxecto, onde descubrir unha das escrituras máis antigas da historia no museo arqueolóxico, o palacio de Knossos, as gargantas de Samaria, a aldea de Chani ou a praia de Elafonisi.
A cidade costeira turca de Bodrum é o seguine destino do Costa Fortuna. Paga a pena pasear pola súa fortaleza medieval construída en parte coas pedras do Mausoleo de Halicarnaso, unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo. O barco zarpa ás 20:00 para atracar, doce horas despois, en Kos, unha illa grega con praias paradisíacas. A viaxe remata novamente en Atenas, onde un avión nos levará de volta á Coruña.
Existen tres tipos de camarotes: interior, máis económico pero amplio e ben equipado; con balcón, ideal para almorzar ou merendar con vistas ao mar sen saír do cuarto; e con ventá con vista ao mar, a opción máis exclusiva onde non deixar de ver o mar.
jesusmartin@halconviajes.com | 661219596