Música en directo e gastronomía a bordo dunha goleta – A Movida
agosto na ría

Música en directo e gastronomía a bordo dunha goleta

Agosto na Ría é a proposta da bodega Marqués de Vizhoja para gozar ao tempo de música, gastronomía e mar. Esta nova edición do festival celebrarase as fins de semana de agosto e contará coa actuación de artistas como Juan Zelada, Su Garrido Pombo ou SENZA.

Surcar a ría nunha goleta ao tempo que o sol se agocha entre as Cíes, saboreando o mellor da gastronomía galega e gozando dunha actuación de música ao vivo é unha realidade grazas a proposta de Marqués de Vizhoja. Este verán celébrase unha nova edición de Agosto na Ría. Un total de oito paseos en barco nas fins de semana de agosto nas que cultura e gastronomía son as grandes protagonistas.
A primeira cita será o sábado 3 de agosto coa actuación do grupo Edu Calvario & Los Mártires del Camposanto. A seguinte fin de semana o venres a velada correrá a cargo de Ghost Beast, o sábado 11 os acordes soul tinguirán a ría de Vigo co concerto do madrileño Juan Zelada. A fin de semana do 17 e 18 de agosto actuarán os grupos locais Los Wavy Gravies e Breakin’ Bones co seu rock&roll gamberro farán que todos os asistentes movan o esqueleto. O artista barcelonés A Singer of Songs será o encargado de abrir as actuacións da fin de semana do 24 de agosto, o sábado a cantante galega Su Garrido Pombo deleitará aos artistas cos seus temas propios e covers doutros artistas. Por último, a música portuguesa de SENZA será a encargada de pechar o festival o 31 de agosto.
As entradas que inclúen o paseo en barco, a cea e actuación musical teñen un prezo de 40€ e se poden adquirir a través de Ataquilla. Bulide porque voan!

Compartir
X