PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Os mellores plans para o Entroido en Vigo

Chega o Entroido a Vigo e organismos públicos e empresas organizan todo tipo de actividades para celebrar, se a climatoloxía o permite, esta festividade os próximos días.

Programación do Concello

O Concello de Vigo programa actividades no centro da cidade do venres 9 ao mércores 14: charangas, animación de rúa, concertos, obradoiros… Os eventos principais son a entronización do Meco o venres ás 20:30, o desfile de comparsas o sábado ás 18:00 con posterior concerto de Broken Peach, a queima do Meco o martes ás 20:45 e o enterro da sardiña o mércores ás 18:30. En caso de chuvia algunhas das actividades infantís moveranse ao Auditorio Municipal, mais os eventos principais terían que ser adiados, como anunciou este xoves o alcalde Abel Caballero.

Os Merdeiros

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Desde hai máis dunha década, a Asociación Etnográfica A Merdeira traballa para recuperar a súa figura e instaurala novamente nesta celebración tan festiva. O obxectivo dos merdeiros é un: incordiar a todo aquel con quen se cruzan. Así o farán o próximo venres pola tarde e durante todo o día do domingo e martes de Entroido

Festa polos barrios

Algúns barrios de Vigo organizan a súa propia festa para estes días. Coia alberga na Praza do Pobo cinco días de actividades, desde o sábado ata o mércores. Bouzas programa para o sábado o concerto do grupo Sehiba, e para a próxima semana o tradicional enterro da Rincha. En Matamá teñen organizado un serán o venres ás 20:30. En Teis o domingo ás 14:00 celebran o Cocido de Entroido no pavillón do IES A Guía.

Centros comerciais

Os centros comerciais súmanse ao Entroido con diferentes xornadas de programación. En Vialia organiza desfile, baile e xogos os días 9, 10 e 12. En Camelias optan por un obradoiro de máscaras o sábado e un desfile o luns. A Laxe e Gran Vía tamén propoñen as súas propias actividades.

Para os máis pequenos

O espazo familiar e tenda de puericultura Mapis acolle o venres unha festa de Entroido para crianzas onde haberá un obradoiro manipulativo e merenda.

Para os maiores

Aínda que moitas das actividades para estes días estan dirixidas a público infantil, tamén hai moitas propostas para adultos. Por exemplo as ceas e escape rooms de Puro Delirio, a sesión vermú de Alféizar no Lar das Artes ou as festas de disfraces en Doppler e Molotov.

E para comer… filloas!

Xunto coas orellas é a sobremesa máis popular do Entroido. Podes consultar a colaboración que fixemos con @cocina_con_ce onde prepara unhas deliciosas filloas con ovos Demillo e marmeladas Terra de Baronceli. Temos un sorteo aberto, consulta aquí como participar.

Consulta aquí a axenda máis completa de Vigo

VINA COSTEIRA
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.

Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)