CANS
GALAXIA

Entroido A Laxe

09feb17:30Entroido A LaxeAS NOSAS FESTAS | De balde17:30(GMT+01:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

09/02 CONCURSO DE DISFRACES E FESTA DE ENTROIDO

Concurso de disfraces o día 09 de febreiro de 17:30 h a 20:30 h.

Premios aos mellores disfraces de 200 € repartidos en vales de compra a gastar nos locais do Centro Comercial A Laxe distribuídos da seguinte forma:

Individual – Premio: vale de compra de 50€
Familia – Premio: vale de compra de 50€
Grupo (mínimo 3 persoas) – Premio: vale de compra de 100€
Se queres participar podes facelo ata o 09 de febreiro ás 14:00 h premendo aquí de forma gratuíta. indicando en que categoría preséntasche. Ou podes inscribirte o mesmo día presencialmente 15 minutos antes de comezar o evento.

12/02 TALLERES DE ENTROIDO

Tarde chea de talleres para aprender habilidades únicas e mergullarse na maxia do entroido.

As actividades levarán a cabo o día 12 de febreiro, e haberá dúas quendas diferentes con 20 participantes respectivamente. Unha primeira quenda ás 18:00 h e unha segunda quenda ás 19:00 h, ti elixes cal prefires!

Para poder asistir ti ou o teu peque, deberás inscribirte previamente de forma gratuíta.

14/02 ESPECTÁCULO MUSICAL

E como colofón final para celebrar o Entroido, o día 14 de febreiro ás 18:00 h contaremos cun espectáculo infantil de acceso libre e gratuíto cargado de música e cultura tradicional con Nelson Quinteiro e o seu show: Barullo!

Nesta aventura, Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, un divertido personaxe que se chama así porque fai moito barullo. Unha divertida viaxe a través dun visual e interactivo percorrido por todos os tipos de instrumentos da música tradicional galega creando un “gaiteiriño” moi cómico que mestura as artes do pallaso co vestiario, identidade e recursos da música galega.

Máis

Hora

(Venres) 17:30(GMT+01:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events