VIALIA
PLAYDOC

A cociñar: Filloas

Arrancamos colaboración con @cocina_con_ce preparando unha das receitas máis típicas desta época en Galicia: as filloas. A receita vén acompañada dun sorteo a través da nosa conta de Instagram para que poidades preparar vós mesmos estas deliciosas filloas na casa.

@amovidavigo

🥞 A Cociñar: Filloas Arrancamos colaboración con @cocina_con_ce facendo unhas filloas de Entroido con ovos Demillo e marmeladas Baronceli. RECEITA: Ingredientes: – 200 g de fariña – 3 ovos de Demillo – 500 ml de leite – 30 g de azucre moreno – Anís seco – Manteiga de porco – Unha chisca de sal – Marmelada de Baronceli Elaboración: Mesturamos a fariña, os ovos, o leite, o azucre, un chorriño de anís seco e o sal e batemos ben. Poñemos un pouco de manteiga de porco nunha tixola e cando estea ben quente botamos a mestura dándolle forma circular. Para poñerlle a guinda a esta delicia, untamos a filloa con algunha das marmeladas ecolóxicas de Baronceli, teñen de arandos, pera con chocolate, cereixa, froitos silvestres, uva mencía e crema de castaña. Agora si estamos preparados para gozar do Entroido! #Filloas #Entroido #Galicia

♬ sonido original – Amovida

Ingredientes:
– 200 g de fariña
– 3 ovos de Demillo
– 500 ml de leite
– 30 g de azucre moreno
– Anís seco
– Manteiga de porco
– Unha chisca de sal
– Marmelada de Baronceli

REVISTA ABRIL

Elaboración:

Mesturamos nunha cunca grande a fariña, os ovos Demillo, o leite, o azucre, un chorriño de anís seco e o sal e batemos ben. Poñemos un pouco de manteiga de porco nunha tixola e cando estea ben quente botamos a mestura dándolle forma circular; é importante non pasarse coa cantidade para que a filloa quede fina. Para poñerlle a guinda a esta delicia, untamos a filloa con algunha das marmeladas ecolóxicas de Baronceli, teñen de arandos, pera con chocolate, cereixa, froitos silvestres, uva mencía e crema de castaña. Agora si estamos preparados para gozar do Entroido!

Sorteo:
Sorteamos unha ducia de ovos Demillo, uns tarros de marmelada Baronceli e o mandil ‘Fariña’ de Rei Zentolo.
Para participar no sorteo tes que entrar na nosa conta de Instagram premer gústame na publicación da receita e comentar con quen compartirías as túas filloas. E tamén ser seguidor de @amovidavigo, @cocina_con_ce, @demillo_huevos, @terradebaronceli e @reizentolo_oficial. O venres 9 de febreiro ao mediodía anunciaremos o gañador.