CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para recibir setembro

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 1 ao 3 de setembro. Os concertos, as festas tradicionais e os concertos continúan a copar a axenda das fines de semana de verán. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

RUTA DOS PINCHOS – A partir do venres en Teis – Desde 2,50€

A décima edición do concurso desenvolveráse entre o venres 1 e o domingo 17 de setembro  e as propostas serán servidas nos doce locais participantes en horario de 20:00 a 22:30 h. Cada pincho ten un prezo de 2,50 €.

PICNIC SESIÓNS – Venres e sábado en Saiáns (Baixada á praia, 83) – De balde

O Festival Picnic Sesións de Saiáns celebra a súa segunda edición os días 1 e 2 de setembro. O festival mantense fiel a dar protagonismo á música viguesa con Aphonnic, Los Pontiaks, Zalomon Grass e The Mirror no cartel. Tamén haberá mercado e zona gastro. Os pequenos da casa poderán desfrutar de actividades como un obradoiro de estampación textil, participar nun certame de pintura, coñecer xoguetes tradicionais e explorar a contorna do parque forestal de Saiáns.

SUSO CORTEGOSO – Venres ás 21:00 no Café Uf – 5€

Concerto do cantautor Suso Cortegoso no Café Uf. A entrada ten un prezo de 5,00 € ou 7,00 € con CD.

HONGO + COCHAMBRE – Venres ás 21:00 na Sala Kominsky – 10€

Concerto das bandas de metal Hongo e Cochambre na Sala Kominsky.

LA FRANGA – Venres ás 22:30 en Cañaveral – De balde

Concerto do dúo acústico de versións La Franga en Cañaveral.

FESTA DOS AFLIXIDOS – De venres a luns en Zamáns – De balde

Zamáns celebra a festa da Virxe dos Aflixidos os días 1, 2, 3 e 4 de setembro con multitude de actuacións musicais.

BAIXADA CARROS DE BÓLAS – Sábado desde as 16:00 en Freixo – De balde

O Freixo organiza a XXIII Baixada de Carros de Bólas, un evento divertido no que podemos participar como espectadores vendo baixar os bólidos polas empinadas rúas do Freixo ou mesmo podemos participar co noso propio carro de bólas. Nesta edición hai dúas categorías, individual e colectiva divididas ambas por idades (menores e maiores de 16 anos). Ao remate da carreira entregaranse os premios, nos que se terá en conta a orixinalidade, a espectacularidade e a velocidade.

YAGO VÁZQUEZ TRÍO – Sábado ás 21:00 en Vitruvia Café – 12€

Concerto de jazz de Yago Vázquez en formato trío con Xurxo Estévez ao contrabaixo e Roi Adrio á batería.

TALLER DE MAXIA – Domingo desde as 11:00 en Magia en la Manga – 5€

REVISTA NOVEMBRO

O domingo 3 de setembro Magia en la Manga impartirá no seu local un taller de maxia no que poderedes aprender algúns trucos para sorprender aos vosos familiares e amigos. Tamén imparten cursos de maxia durante todo o ano. Ás 11:30h será o taller para nenos e ás12:30h o dos adultos.

FESTA DO MONTE – Domingo desde as 12:30 no CC As Pedriñas – De balde

40 edición da Festa do monte no Centro Cultural As Pedriñas o domingo 3 de setembro cos concertos de Zurrumalla, Cé Orquestra Pantasma e os irmáns Cunha. Haberá porco ao espeto.