Dez plans para desfrutar esta fin de semana en Vigo
Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 14 ao 16 de xullo. Música, festas populares, danza e iniciativas veciñais entre outras cousas. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
Portamérica – Do 13 ao 15 de xullo – Caldas de Reis – Desde 40 €
Hoxe regresa á Azucreira de Portas o popular festival de música pop e urbana iberoamericana, no que tamén participan algúns dos mellores chefs de España con propostas gastronómicas. Bad Gyal, Sebastián Yatra ou Nicki Nicole son algúns dos pratos fortes, así como Carlangas, ao que entrevistamos esta mañá.
Festas de Bouzas – Do 13 ao 18 – Bouzas – De balde
Bouzas énchese de actividades, atraccións, postos, música e pirotecnia nas súas festas patronais. Os famosos fogos teñen lugar o domingo 16 ás 23:00. Tamén en Coruxo e Cabral están de festas patronais.
Tecendo Teis -Venres ás 17h – Praza do Barrio das Flores – De balde
Asociación Xaruma, Fundación Santa Cruz, Emaus e Provivenda presentan Tecendo Teis, un encontro veciñal no Barrio das Flores no que se decorará o parque con diferentes técticas de creación textil.
Vikul – Venres e sábado ás 19:30h – Porta do Sol – De balde
O festival de danza urbana Vikul, volve á Porta do Sol esta fin de semana. Un total de 576 bailaríns pasarán pola praza do sereo nos 54 shows que hai programados. O hip-hop e o breakdance serán as principais disciplinas.
Curiosidades Solita – Venres 14 ás 21h – Villa Solita – De balde
O venres 7 de xullo comezou unha nova edición do ciclo de concertos de verán en Villa Solita, a casa indiana rehabilitada en Alcabre no 2019. Este venres veremos ao dúo Faíscas que e a través da voz, a guitarra, a pandeireta e o looper propoñen un concerto intimista, en galego, que bebe de diferentes xéneros como o indie e o folk.
Histérikas Histórikas con Irantzu Varela – Venres ás 21:30h – Sala Master – Desde 14 €
O pódcast presentado por Priscila Retamozo entrevista este venres a Irantzu Varela, xornalista recoñecida da loita feminista. Varela presentará admais o seu espectáculo de humor Señoricidio.
Hermanos Cunha – Venres ás 23h – Cañaveral – De balde
O dúo composto porlos recoñecidos irmáns Alberto e Andrés Cuña actuarán na cafetería e restaurante da Porta do Sol despois da cea.
MIT – Sábado 14 a domingo 23 – Ribadavia
A 39º edición da mostra internacional de teatro de Ribadavia presentará na vila ourensá máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”
David Bisbal – Sábado ás 22h – Castrelos – De balde
O artista almeriense presentará en Vigo o seu novo espectáculo ‘Me siento vivo’, un repertorio renovado que tamén inclúe os grandes éxitos da súa carreira.
Festa da Cultura – Sábado e domingo ás 20:30h – De balde
A festa da cultura, que comezou hai varias semanas na Porta do sol, prolóngase cun ciclo de teatro que percorrerá varios centros culturais das parroquias viguesas. Esta fin de semana Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto? (Compañía: Escoitade) estará no Helios de Bembrive; O milagre de Santa María Juana (Compañía: Tarantela), no C.V.C de Valladares e Un funeral para morrer coa risa (Compañía: Agarimo), no C.S.C.R. de Beade.