REVISTA MAIO

MIT Ribadavia

13xul20:30MIT RibadaviaESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €20:30(GMT+02:00) Ribadavia

Detalles do eventos

A 39º edición da mostra internacional de teatro de Ribadavia presentará na vila ourensá máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”. A MIT abrirá coa recoñecida directora arxentina Marina Otero, o 15 de xullo, e pecha o día 23 de xullo coa estrea do proxecto gañador do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, O Auto do Castromil, de Quico Cadaval.

Entre os espectáculos, que terán lugar tanto no auditorio do Castelo como nas rúas e prazas da vila encontramoso 10 aniversario de A Panadaría, espectáculos de compañías europeas e os ultimos traballos de Matarile, Teatro del Barrio, Las Huecas ou quico Cadaval.

Programa:

Os espectáculos en vermello son de pago. Podense comprar entradas soltas ou abono para todas as funcións (en ATaquilla por 62 €)

Xoves 13

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Teatro do Vilar. Apoio ao teatro afeccionado de Ribadavia.

Sábado 15

20:30 Inauguración oficial da MIT 2023. Alameda.

21:00 – Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Fuck me – Marina Otero e FIBA – Arxentina.

00:30 – Foros MIT. Presentación do Podcast en conversa coa compañía nas Redes Sociais da MIT.

1.00 – Alameda (Ruadavia) – SOLO – Roi Borrallas – Galicia.

Domingo 16

13:00 – Presentación de libros teatrais. Praza de Abastos. Rúa Progreso.

20:00 – A Franqueirán – A parábola do angazo – Talía Teatro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

21:00 – Igrexa da Madalena – Programación expandida – Residencias Paraíso – Brigitte Vasallo – Cataluña-Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Mujer en cinta de correr sobre fondo negro – Alessandra García – Andalucía.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Luns 17

20:30 – Santo André – Alleo – Colectivo Glovo – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Aquellas que no deben morir – Las Huecas – Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Martes 18

10:00-13:00 e 15:00-18:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de clown con Rui Paixão (Portugal). En colaboración coa Escola Galega de Clowns.

20:30 – San Cristovo – Time to loop – Duo Kaos – Italia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – If (La ligereza) – Compañía del Sr. Smith – Madrid.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Mércores 19

10:00-13:00 e 15:00-18:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de clown con Rui Paixão (Portugal). En colaboración coa Escola Galega de Clowns.

20:30 – Francelos – Kanbahiota – Volando vengo – Madrid.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Fráxil. Handle with care – Matarile, Teatro Español e CDG – Galicia.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Xoves 20

10:00-14:00 e 16:00-20:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso con Eva Redondo. En colaboración coa AAAG.

20:30 – Alameda (Ruadavia) – Migrare – Maduixa – Comunidade Valenciana.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – As que limpan – A Panadaría e CDN – Galicia.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Venres 21

10:00-14:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso con Eva Redondo. En colaboración coa AAAG.

13:00 – Salón de actos da Casa do Concello – Acto de entrega do Premio de Honra da Academia Galega de Teatro a Rosa Álvarez.

19:00 – Museo Etnolóxico – Memoria do teatro galego na Transición. Consello da Cultura Galega.

21:00 – Sampaio – Intempestiva – Elahood – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Homenaje a Billy el niño – Teatro del Barrio – Madrid.

1:00 – Igrexa da Madalena – Elisa e Marcela (función especial. Casamento de despedida) – A Panadaría – Galicia. (SESIÓN GOLFA)

Sábado 22

13:00 – Animación teatral polas rúas. Os Quinquilláns.

14:00 – Animación teatral polas rúas. Os Quinquilláns.

19:00 – Museo Etnolóxico – Memoria do teatro galego na Transición. Consello da Cultura Galega.

21:00 – Encontro co público. Programa expandido da Residencia Artística da compañía ButacaZero coa MIT e o CDN para o espctáculo IRIBARNE. Club Artístico, Rúa Progreso.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Cucaracha con paisaje de fondo – Mujer en obras – Madrid.

1:00 – Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura – Lerele – Bala Perdida / Cecilia Vázquez – Galicia. (SESIÓN GOLFA)

Domingo 23

20:00 – Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura – Asfixia (Premio Abrente da MIT 2019) – Vórtice Escénico – Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Auto do Castromil – PT. Excéntricas – Galicia.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Máis

Hora

13 xullo, 2023 20:30(GMT+02:00)

Localización

Ribadavia

Other Events