CAMELIAS MASCOTAS

Augusta Eco Wellness Resort, diversión e consciencia a calquera idade

O resort e spa Augusta, en Sanxenxo, ofrece un completo programa para que os nenos desfruten mentres aprenden a coidar de si mesmos e o medio natural que os rodea.

A media horiña de Vigo, temos a sorte de contar cun dos maiores centros de benestar e relaxación de Galicia: Augusta Eco Wellness Resort, un hotel con spa que ofrece hidroterapia, masaxes, ioga, meditación, sesións de mindfulness e tres restaurantes nos que degustar produtos da súa propia horta. A conxunción de todos estes aspectos ofrece unha experiencia holística completa que coida dos cinco sentidos, apta para todas as idades.

Neste oasis de relaxación e aprendizaxe, as mascotas e a cativada son ben recibidas con instalacións e actividades específicas para os últimos. O club SANívoros, que organiza talleres de benestar para adultos, conta cunha sección infantil, Kids Club, para a rapazada de entre 3 e 12 anos, con ofrece propostas gratuítas durante todo o día nos espazos exteriores do resort. Estas actividades están pensadas para proporcionar unha experiencia divertida e enriquecedora, con xogos ao aire libre que espertan a curiosidade e prácticas saudables para o corpo e a mente, lonxe dos excesos tecnolóxicos do día a día.

REVISTA NOVEMBRO

Coidadosamente elaborado, o programa está inspírase nos principios da educación Waldorf e procura inculcar valores de respecto e coidado da natureza. Ademais de baile, cine, contos, pintura ou obradoiros con elementos naturais, encontramos no programa actividades de visita á horta, coidado dos animais e cociña, labores amenos que ofrecen un enfoque de alimentación saudable e consciente. Tamén se coida moito a parte espiritual, con sesións de ioga, cuncas tibetanas e meditación, ás que se pode asistir en familia.

O complexo conta ademais cun spa para menores de 12 anos, un espazo pensado para o gozo e a relaxación dos rapaces onde atopamos unha zona de jacuzzi, parque acuático e zona de xogos. Todo para que o público máis esixente adquira, de xeito natural e divertido, uns hábitos moi saudables.

@augustasanxenxo | augustasanxenxo.com/ecowellnessresort | 986 72 78 78

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.