CAMELIAS MASCOTAS

Que facer en Vigo na ponte de decembro

Comeza para moitos unha fin de semana longa e para aproveitala traemos 10 propostas de cine, música, gastronomía, arte e actividades para os pequenos. Para todas as actividades pódese ampliar a información premendo no título. Na axenda de eventos de A Movida encontraredes moitas outras opcións e se estades en modo Nadal, non deixedes de consultar esta guía.


Proxección e coloquio de ’10 de marzo’ – Xoves nos Multicines Norte – 6,50 €
Este filme dirixido polo director vigués Roi Cagiao rememora a data máis icónica do movemento obreiro galego, narrando os feitos acontecidos en Ferrol en 1972. Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois do exitoso documental ‘Vigo 1972’ volven afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme. A de mañá é a última oportunidade de ver a película na nosa cidade.

Showcooking de doces de Nadal con Ms. Robbinson – Venres en El Corte Inglés – De balde
Sara Pequeño está detrás do exitoso obradoiro Ms. Robbinson. Neste taller compartirá con todos os asistentes os segredos do éxito da súa repostería, e ensinaralles a elaborar 3 receitas para triunfar este Nadal: turrón, bolachas de xenxibre e como decorar unha torta.

A dos trovando – Venres no Café Uf – 10 €
Cita ineludible para os amantes da música cubana. Este proxecto formado por Juan Mari García ‘Chepito’ e María Luisa Oliva ‘Malu Morro’, xorde do amor polos boleros e cancións da Trova Tradicional Cubana. Primeira vez en Galicia.

Presentación  ‘PAZ | МИР‘, Sábado na Biblioteca Juan Compañel – De balde [POSPOSTO AO SÁBADO 17]
O mundo do cómic comprométese coa PAZ, 62 autores e autoras únense nesta obra solidaria, `PAZ | МИР´ en favor dos refuxiados de Ucraína. Na presentación do libro participan David Braña, David Buceta, Adolfo R. Taboada e Weronika Hanczyc.

Molotov Market Sábado en Molotov – De balde
Nesta feira atoparemos roupa de segunda man, autoedición, roupa vintage, cocktails, birras e petiscos de nadal. Unha boa oportunidade para ir adiantando as compras para as festas. E pola noite concerto de Los jinetes del trópico seguido de Overdose Club.

10 anos de Maxia no Catro Sábado no Café de catro a catro – 5,40€
Este mes de decembro, a Maxia no Catro cumpre unha década. O evento, celebrado no segundo sábado de cada mes no Café De Catro a Catro, comezou en decembro do ano 2012 da man dun grupo de magos amadores e profesionais da cidade. Para conmemorar o aniversario da Maxia no Catro, o público poderá gozar dunha gala de maxia familiar ás 18:30 h e dunha gala de maxia de cerca ás 21:00 h.

Mitic Sábado no Teatro Afundación – 15 €
Un Nadal máis os irmáns Costas volverán ipactar co seu espectáculo, no que a gaita é a verdadeira protagonista. Unha vez máis volverán estar acompañados no escenario por decenas de artistas diferentes e interpretarán un repertorio dedicado a clásicos da música española.

Mercado de Arte Domingo no Mercado do Calvario – De balde
Os postos do Mercado de Abastos do Calvario volven converteserse nun escaparate artístico cunha nova edición deste mercado no que participan 60 artistas galegos. Ademais haberá contacontos, música en directo e outras sorpresas!

REVISTA NOVEMBRO

Proxección e coloquio de ‘O corpo aberto’ Domingo nos Multicines Norte – 6,50 €
O filme dirixido por Ángeles Huerta e protagonizara por Tamar Novas, María Vázquez e Victória Guerra chega aos cines esta fin de semana. O domingo Ángeles Huerta e Nicolás Otero a estarán presentando en Vigo. Esta longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García, baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O Circo de NadalTodos os días en Coia – 15 €
Paiasos e acróbatas trasládannos á historia dunha panadería en apuros, e que mellor localización para contar esta historia que a gran Panificadora de Vigo. Unha boa forma de contextualizar unha historia fantástica nun escenario local e achegar ao público á historia recente da nosa cidade.

RECORDA QUE NESTA LIGAZÓN PODES CONSULTAR A AXENDA ESPECIAL DE NADAL.

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.