REVISTA ABRIL

A DOS TROVANDO

09dec20:30A DOS TROVANDOCONCERTOS | 10,00€20:30(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

A DOS TROVANDO é un proxecto que xorde do amor polos boleros e cancións da Trova Tradicional Cubana, formado por Juan Mari García ‘Chepito’ e María Luisa Oliva ‘Malu Morro’.

Un guión que, facendo unha viaxe no tempo, lévanos ao Santiago de Cuba de finais do XIX, onde coñeceremos aos músicos que cultivan a Trova e asistiremos á xénese de ‘Tristezas’, o primeiro bolero.

Comezado o s.XX, seguiremos aos trobadores na súa emigración cara La Habana cantando a dúas voces, prima e segunda, as súas obras máis emblemáticas; as primeiras co acompañamento de dúas guitarras e co formato do sexteto as compostas a partir dos anos 20, cando aparece o Son Cubano. Paralelamente, proxéctanse fotografías da época relacionadas ca narración, que axudan a situar á audiencia en cada momento da historia.

O resultado é un espectáculo cheo de arte e humor que emociona e mantén en todo momento a atención do público.

Venres 9 ás 20:30

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events