REVISTA ABRIL

Mercado da Arte Edición Nadal

11dec11:00Mercado da Arte Edición NadalAS NOSAS FESTAS | De balde11:00(GMT+01:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

Os postos do Mercado de Abastos do Calvario volven converteserse nun escaparate artístico cunha nova edición do Mercado de Arte. No Todo El Pescado Está Vendido volve organizar este mercado en edición Nadal no que atoparemos cerámica, pintura, ilustración, textil, xoiería e serigrafía.

Este mercado dará cabida a máis de 60 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas ganas de amosar o seu traballo. Unha oportunidade para apoiar o traballo artesanal e individual destes artistas e poder adquirir obras únicas, pensadas para ser o mellor regalo este nadal.

Durante todo o día haberá distintas actividades, como contacontos e concertos para ameizar a xornada de compras.

PROGRAMA

  • 11h: Apertura do Mercado de Nadal
  • 12.30h: Contacontos infantil ‘Queda sitio na basoira’, a cargo de Laura Sáez
  • 13.30h: Concerto do grupo lírico Alfeizar
  • 14.30h: Xantar con prezos populares a cargo de Pasito a pasito
  • 17.30h: Espectáculo ‘Toca e canta’, de Igualarte
  • 19h: Concerto de Rayotaser, que presenta ‘Incendio’
  • 20h: Peche do mercado

O evento estará amenizado ca música de Tortuga Pincha DJ.

Editorial Elvira vai participar no mercado cun espazo propio no que entre ás 12 e as 14h estarán asinando exemplares:
-Reka Refojo, autor de ‘Melide’
-Ramón Carredano, autor de ‘Qwerty’
-Fernando A. Fernández Domonte, autor de ‘Contos da beiramar’
Ademais da presentación amenizada con música de ‘Fenómeno fan’, un poemario de Clara Pino, ilustrado por Xavier Magalhaes.

De 11 a 20 h no Mercado do Calvario. Entrada libre.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events