REVISTA ABRIL

Presentación '10 de marzo' de Roi Cagiao

08dec17:40Presentación '10 de marzo' de Roi CagiaoACTIVIDADES PARA O COCO | 6,50€17:40(GMT+01:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

XOVES 8 ÁS 17:40 NOS MULTICINES NORTE

’10 de Marzo’, o filme dirixido polo director vigués Roi Cagiao que rememora, a cincuenta anos dos feitos, a data máis icónica do movemento obreiro galego narrando os feitos acontecidos en Ferrol en 1972. Roi Cagiao e a produtora Arthur Gordon, despois do exitoso documental ‘Vigo 1972’ volven afondar na historia social galega contemporánea con este novo filme.

“A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol”, resume o director do filme Roi Cagiao “miles de traballadores deste estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. A Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey”. Quedaba así fixada tráxicamente,  a data de maior simbolismo do movemento obreiro”.

Nos seus oitenta minutos de duración, “10 de Marzo” reconstrúe a ritmo vibrante un lapso temporal de seis anos nos que se narra a ascensión da influencia das organizacións antifranquistas na sociedade galega e  nomeadamente o proceso de penetración das Comisións Obreiras e do Partido Comunista dentro do estaleiro Bazán, a negociación do V Convenio de Empresa Bazán que desembocarían nun conflito laboral e finalmente, nos acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e o posterior  “Proceso dos 23” no que os principais protagonistas foron xulgados tres anos máis tarde.

Para Roi Cagiao “Estes feitos supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega, un avance na toma de conciencia da mesma e da oposición á ditadura. Pola súa transcendencia para o noso país, merecen ser plasmados nunha obra audiovisual. Alén diso, o alto grao de heroísmo, violencia e traxedia contidos nos mesmos, fainos moi atractivos  cinematograficamente’’.

Cun equipo case idéntico ao da exitosa “Vigo 1972” (finalista  na categoría Mellor Documental dos Mestre Mateo 2017), o novo proxecto de Roi Cagiao, conforma co filme sobre Vigo un díptico no que se recolla o acontecido nun ano crucial na historia recente de Galicia e no que esta se situou á vangarda estatal na loita contra a ditadura.

No que se refire ás entrevistas,” sinala Roi Cagiao,  “buscamos perfís diversos para dar unha visión o máis panorámica dos posible dos feitos. Así aparecen dende  traballadores da Bazán, de Astano e membros do Comité Comarcal do PCG ata cregos roxos e mulleres activistas. Concretamente participan en calidade de entrevistados Ramiro Romero, Rafael Pillado, Sari Alabau, Anxo Currás, Suso Díaz, Xan Carballal, Fina Varela, Encarna Puentes, José Torregrosa e Fernando Miramontes, Ángell Porto e Vicente Couce (estes tres últimos xa falecidos)”

Para Emilio J. Fernández “Un dos puntos fortes do filme será que contén imaxes do recentemente dixitalizado arquivo audiovisual de Bazán; imaxes realmente impactantes, pola espectacularidade do asteleiro e  polo valor histórico das mesmas.  Por outra banda, existe un problema recurrente cando fas un documental sobre antifranquismo, case non vas a atopar imaxes, xa que as mesmas constuirían no seu momento probas inculpatorias, e  apenas existen. A este nivel foi moi importante descubrir os documentais de Andrés Linares que aportan unha base gráfica moi sólida’’.

No referido ás dramatizacións, director e produtor sinalan o esforzo  de planificación e produción en relación ás mesmas, coa aparición dun bo número de figurantes e unha coidada posta en escena. “Serán máis numerosas que no proxecto de Vigo” sinala Cagiao “porque o filme é máis  complexo, existen un maior número de subtramas, e cando entramos a contar historias e accións persoais de xente como Pillado, Amor, Riobó ou Loureiro as imaxes daquela época, mesmo as familiares,  son escasas e non permitían servir de soporte gráfico á narración”.

A nosa intención última” sinala Roi Cagiao “é indagar sobre a etapa aínda por explorar do tardofranquismo, que explica en boa medida a Galicia de hoxe, mergullando ao espectador nunha historia emotiva e trepidante máis aló do documental ao uso”.

SINOPSE

Como consecuencia da negociación do convenio da Bazán Ferrol miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

Máis

Hora

(Xoves) 17:40(GMT+01:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events