Naviera Mar de Ons ofrece a posibilidade de desfrutar día e noite da ría
Ademais de conexión diaria con Cíes e Ons, a Naviera Mar de Ons ofrece saídas nocturnas con guía profesional para desfrutar do firmamento lonxe das luces da cidade. Os días 12, 13 e 14 de agosto poderemos contemplar as Perseidas, unha abundante chuvia de estrelas característica de mediados de agosto.
Un dos destinos turísticos máis cobizados de Galicia son as Illas Cíes. Máis aló de desfrutar das fermosas praias, as bondades do arquipélago chegan ao ceo, xa que este espazo posúe excelentes calidades para a observación de estrelas. É por iso que a Naviera Mar de Ons organiza as Experiencias Starlight, viaxes nocturnas únicas guiadas por un profesional das estrelas coas que coñecer o mundo astronómico entre xullo e setembro.
As saídas son ás 23h, diarias ata o 20 de agosto e cada venres ata o 24 de setembro. Nelas poderemos coñecer as constelacións visibles desde a nosa latitude, curiosidades sobre a lúa e os cometas, desfrutar do fenómeno das Perseidas e desfrutar da calma da ría a medianoite. Unha alternativa de lecer na que o firmamento é o protagonista.
Ademais deste servizo regular, Naviera Mar de Ons realizará saídas especiais os días 12, 13 e 14 de agosto, para contemplar a chuvia de estrelas coñecida como Perseidas ou Bágoas de San Lorenzo chegará ao seu punto de máxima intensidade. Observar este fenómeno desde a ría, afastados da contaminación lumínica da cidade intensifica a experiencia e probabilidade de ver os meteoros. O servizo especial para observar a choiva de estrelas contará con saídas os tres días desde o porto de Cangas ás 22:30 horas e desde Vigo ás 23:00 horas e contará cunha duración aproximada de tres horas.
Volvendo á Terra, a Naviera Mar de Ons conta con liña regular entre Vigo e Cangas e é unha das principais opcións para coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ata o 4 de setembro manteñen o servizo diario de barcos á Illa de Ons, con saída desde o porto de Vigo ás 12:15h e volta ás 19:15h. Se queremos viaxar ás Cíes poderemos facelo ata o 11 de setembro collendo algún dos nove barcos diarios que nos levarán ata o arquipélago vigués.
Tamén é posible reservar os barcos para vivir eventos privados a bordo, nos que engadir un servizo de cátering para gozar da gastronomía das Rías Baixas.coas Illas Atlánticas como telón de fondo.
Rúa de Cánovas del Castillo, 26
986 22 52 72
mardeons.com
info@mardeons.com
Facebook: Mar de Ons
Instagram: @mardeons
Artigo patrocinado
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024