Rafa Centeno volverá cociñar no “restaurante máis pequeno do mundo” do Barbeira Season Fest
Hoxe presentouse en Baiona a reapertura do “restaurante máis pequeno do mundo na provincia máis grande do mundo”, unha iniciativa gastronómica ligada ao Barbeira Season Fest, comandada por Rafa Centeno, chef Estrella Michelín do restaurante Maruja Limón.
Obtén 5€ de desconto na túa entrada do Barbeira Season Fest co código AMOVIDA
En agosto reábrese o Rías Baixas, o restaurante máis pequeno e efémero do mundo, situado en Baiona na beira do mar. A proposta conta cunha carta deseñada polo chef con Estrela Michelín Rafa Centeno, dará servizo durante só 15 días, entre o 15 e o 30 de agosto, e terá unha única mesa que ocuparán un máximo de 10 comensais.
O chef Rafa Centeno destacou que a carta do Rías Baixas sobresairá por ser unha homenaxe á esencia do produto galego de calidade e será tamén “un paseo por toda a nosa costa desde un entorno idílico como o de Baiona”. “Imos facer que os comensais vivan unha experiencia divertida e coñezan as raíces dos produtos de Galicia”.
Este será o segundo ano que o Barbeira Season Fest inclúa na súa programació o restaurante máis pequeno do mundo e o primeiro en ser bautizado como Rías Baixas. Dado o nreducido número de comensais, será preciso facer unha reserva a través da web do festival.
A gastronomía é un dos atractivos do Barbeira Season Fest, pero non o único: Depedro, Carolina Durante, León Benavente, La Habitación Roja ou Zahara son algunhas das bandas que subirán ao escenario da edición máis ambiciosa do Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro. Aquí podes consultar o cartel por días. As entradas xa se poden comprar nesta ligazón, empregando o código: AMOVIDA, recibiredes 5€ de desconto no abono ao festival.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024