CAMELIAS MASCOTAS

Nace un novo festival en Saiáns: Picnic Sesións

Xa non é que este verán as cousas volvan á normalidade, se non que o volume de eventos é aínda maior que antes da pandemia. O barrio de Saiáns xa ten o seu propio festival, Picnic Sesións, que se celebrará o 10 de setembro en Radio Costeira, á beira da escola infantil Costeira de Saiáns.

REVISTA NOVEMBRO

A comezos deste ano un grupo de xente tiña a lideira de que Saiáns tivese o seu propio festival. Para conseguilo buscaron financiamento a través de subvencións, patrocinadores público e privados e duns eventos chamados Picnic Sesións. Estas xornadas tiñan lugar os domingos na zona verde de Radio Costeira (Baixada á Praia, 83), e alí realizaban actividades para a cativada, chocolatadas, xantares, obradoiros deportivos e concertos. Por ese escenario pasaron os grupos Ameva, Odiosos 5, Vagos, Los Tókinash ou NY Core, banda de versións de Neil Young.

O Día D terá lugar, na mesma localización, o próximo 10 de setembro, con posibilidade a ampliar un día máis. Baixo o lema “Natureza, cultura e comunidade”, ofertarán actuación infantís e actividades para a cativada; gastronomía galega ao puro estilo romaría, nada de comida rápida; e un certame de pintura rápida ao aire libre con nome dun importante artista local.

Por suposto, tamén haberá música. Polo momento só coñecemos un nome: The Soul Jacket, a potente banda viguesa de rock e música americana coñecida polos seus explosivos directos. O resto serán na sua maioria grupos locais . Adiántanos en exclusiva que o grupo de mediodía será un grupo de folk galego con composicións contemporáneas e que pola tarde terán tres concertos: un de garage sesenteiro e psicodelia e outro de música máis urbana. Pecharían a xornada The Soul Jacket.  

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.