CAMELIAS MASCOTAS

Tanxugueiras demostra en Vigo que non teñen fronteiras

O hall do Auditorio Mar de Vigo acolleu a segunda parada da xira Midas das Tanxugueiras. O trío de pandereteiras foi ovacionado de principio a fin e demostraron estar á altura do éxito que están vivindo desde o seu paso polo Benidorm Fest.

REVISTA NOVEMBRO

Tras esgotar as entradas en poucas horas, o éxito do concerto das Tanxugueiras estaba asegurado. O hall do Auditorio Mar de Vigo lucía abarrotado e os fans agardaban con expectación a entrada en escena do trío formado por Aída Tarrío e as irmás xemelgas Sabela e Olaia Maneiro. O paso polo Benidorm Fest catapultou á fama ás pandareteiras que onte demostraron estar á altura, cun espectáculo no que desbordaron enerxía.

O de Vigo foi o segundo concerto da xira Midas que arrancou o pasado día 26 na Coruña. Ao longo do espectáculo as tres pandereteiras aproveitaron para presentar algúns temas novos. Por suposto, tamén soaron os seus grandes éxitos como Terra, Figa ou Averno. O público bailou e coreou as cancións con entusiasmo e, de feito, á saída do concerto formouse unha foliada ás portas do auditorio.

Tanxugueiras demostraron unha vez máis que non hai fronteiras. Co seu éxito amósannos que a nosa lingua e tradición poden chegar ao máis alto e que elas están preparadas para saltar calquer muro que se interpoña no seu camiño.

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.