CAMELIAS MASCOTAS

El Temporal, bravura catalá

Se o que buscamos este Nadal é un restaurante que destaque pola calidade da súa materia prima, no que os pratos sexan elaborados de forma tradicional e no que poidamos gozar do banquete nun ambiente cálido e tranquilo, El Temporal debe estar entre as nosas primeiras opcións.

Desde a súa Costa Brava natal, Miguel Gómez sentía envexa pola calidade dos produtos da despensa galega e soñaba con abrir un restaurante onde elaborar os peixes e as carnes que se producen nos nosos dominios. A extensa formación de Miguel é o mellor aval do alto estándar que manteñen todos os pratos deste restaurante. Formado na prestixiosa escola de hostalería Hofmann, continuou aprendendo en cursos con varios cociñeiros con estrela Michelin e traballou desde moi noviño no restaurante de seus pais, en Barcelona.

A base desta cociña son os pratos familiares e tradicionais cataláns; eses guisos que levan horas preparar na casa e para os que nunca hai pan dabondo na mesa para non deixar nin a proba. «O polo con cigalas, os canelóns de tres carnes e os arroces son os tres pratos máis solicitados». Nos dous anos que levan co negocio aberto, Miguel e Tatiana fixéronse cunha ampla carteira de clientes fixos, que acoden cada mediodía a xantar co menú do día, que tamén está dispoñible durante as fin de semana nunha versión máis festiva.

Plan para o Nadal

Local agradable e tranquilo, moi indicado para comidas en familia nas que se procura a calidade da materia prima; elaboracións tradicionais con toques diferentes. Contan cun amplo salón na parte inferior que reservan para grupos de ata 25 persoas. Tamén ofrecen pratos para levar, como paellas, fideos ou canelóns, que podemos poñer na mesa da casa sen pasar máis duns poucos minutos na cociña.

Enderezo:       rúa da Reconquista, 4

Teléfono:        604 06 47 93

REVISTA NOVEMBRO

Facebook:       facebook.com/profile.php?id=100063807360165

Instagram:       instagram.com/el_temporal_vigo

Apertura:        de luns a domingo

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.