REVISTA ABRIL

O Mercado de Sabores de Mahou converterá Vigo en capital gastronómica

Mercado de Sabores reunirá na Estación Marítima as propostas gastronómicas de 14 establecementos e a varios chefs Estrela Michelín como Luis Veira, Rafa Centeno e Inés Abril, que impartirán showcookings abertos a todo o público.

Entre o xoves día 3 e o domingo 6 de maio a Estación Marítima converterase en epicentro da alta gastronomía. O Mercado Gastronómico de Mahou volve a recalar na cidade e reunirá as propostas gastronómicas de 14 establecementos. Ademais, participarán algúns dos mellores cociñeiros do panorama nacional e galego. Entre os nomes confirmados están os galegos Estrela Michelín Luis Veira, del restaurante coruñés Árbore da Veira, ou Rafa Centeno e Inés Abril, do restaurante vigués Maruja Limón, que cociñarán en directo en showcookings abertos ao público. Os catorce restaurantes que participarán no evento e competirán por facerse co premio á mellor tapa son: María Manuela, Pintxoteca, La Carpintería, Patouro, La Consentida, Albatros, A Horta do Obradoiro, Manolo Mañanita, Barrabasada, Regato, Adega das Caldas, Mijo Minibar, El Mosquito y Peculiar.

Como novidade, a edición deste ano inclúe varias actuacións musicais abertas a todo o público. O rapeiro madrileño Rayden, un dos nomes clave do hip hop nacional, actuará a noite do xoves a partir das 22:30. O venres DJ Amable, considerado coma un dos DJs de referencia na escena musical independente a nivel nacional, será o encargado de imprimirlle ritmo á noite. O sábado pasaralle o relevo a DJ Edu Romero, ambas sesións darán comezo ás 23:00 hora e finalizarán á 1:00, coincidindo co peche do mercado.