CAMELIAS MASCOTAS

Brooklyn Fitboxing, unha experiencia wow

O fitboxing é unha combinación de boxeo con artes marciais a ritmo de música. Esta é a actividade exclusiva que Brooklyn Fitboxing ofrece na nosa urbe desde 2019. As clases comezan cunha parte de quecemento e técnica para dar paso a oito rounds de golpe ao saco. Entre estes asaltos fanse exercicios funcionais para poñer o corpo en forma de maneira completa. Ao final chega o momento dos estiramentos, que se completa cunha pequena actividade de volta á calma para saír relaxados. «Fuximos de ser un ximnasio convencional, ofrecemos unha experiencia completa: a experiencia wow», sinala Rosalía Puga, directora do centro.

REVISTA NOVEMBRO

O equipo traballa para que todas as persoas que acudan a fitboxing fagan exercicio desfrutando e despexando a mente. O trato é personalizado, con pautas e recomendacións para todas as persoas que se achegan, mesmo desde antes de arrancar a primeira sesión, e inclúe unha entrevista persoal co adestrador. Aínda que é unha clase colectiva, a actividade lévase a cabo de xeito individual e todas as correccións de posturas en boxeo e mais no hit trátanse de maneira directa con cada usuario. «O único que precisas son ganas de pasalo ben», di Rosalía , que subliña o doado que é comezar co fitboxing para logo «ir avanzando».

Ademais este ximnasios conta cun sistema de gaming co que ao remate de cada clase o usuario recibe a puntuación que obtivo na sesión. Isto exprésase nunha porcentaxe de enerxía, de sincronización de golpeo ao saco e de forza, que xera uns puntos de karma que logo o estabelecemento converte en diñeiro para doar á ONG que cada cliente escolla. «Adestrar connosco implica xogar», di Puga. De feito, aquí contan cunha «liga internacional» na que se organizan campionatos. «Competimos co resto de centros do mundo. Por mor da pandemia faise online, pero esperamos retomar os combates presenciais en 2022», sinala. Brooklyn Fitboxing é unha franquía que naceu en Madrid hai un lustro. O fitboxing é unha actividade patentada por eles e, xa que logo, os seus son os únicos centros en que se imparte.

Rúa de Venezuela, 28
@bs_vigocentro
brooklynfitboxing.com
vigocentro@brooklynfitboxing.com

The following two tabs change content below.

Alberte Mera

Coa paixón na comunicación, o audiovisual e o deseño, Alberte Mera é consultor de comunicación en Vigo, cidade onde naceu no 87. Despois de licenciarse pola UVigo en Comunicación Audiovisual, ampliou a formación co Máster en Comunicación e Industrias Creativas e co certificado de profesionalidade de Márketing e Comunicación. Ten dirixido varias longametraxes documentais e colabora na organización de iniciativas sociais e culturais.

Últimos posts de Alberte Mera (ver todos)