Imaxinatea Lab Creativo, o fogar das artes escénicas
Se buscas formación teatral de calidade, impartida por docentes contrastados e dirixida tanto a profesionais como afeccionados, Imaxinatea Lab Creativo é o lugar indicado. Neste novo curso que está a piques de comezar o alumnado será o protagonista, e por se aínda non estás totalmente convencido, este mes ofrecen numerosas clases gratuítas en modalidade presencial e online.
Malia a amplitude de disciplinas que conforman as artes escénicas, a escola de teatro en Vigo Imaxinatea está disposta a abarcar case todo o espectro. Situado nas inmediacións da Plaza Elíptica, do 21 ao 29 de setembro desenvolveranse presencialmente talleres e clases gratuítas de teatro para todas as idades (inscricións en contacto@imaxinatea.es), nas que participarán como docentes Iván Davila, Noa Covelo e Brais Iriarte. Preme aquí para consultar toda a oferta de Imaxinatea para este novo curso.
En canto á formación en liña, desenvolveransea través de Actinghelps, unha plataforma de clases de teatro online, que dá continuidade á experiencia en formación artística e creativa da escola presencial de teatro en Vigo. Participarán como docentes Tito Asorey, para Dirección de Escena; Melania Cruz, para Interpretación Textual; e Vanesa Sotelo para Dramaturxia. Preme aquí para enterarte de toda a programación.
Por se non fora suficiente, a oferta en liña continúa cunha sesión gratuíta de técnica vocal por Miriam Rodríguez, unha sesión gratuíta de guión e dirección de cinema por Roberto Ruíz, un curso de teatro comunitario, impartido por docentes españois, colombianos e brasileños, o curso de Audition Techniques for actors in English e, por último, un taller de cómic por Óscar Gordon, que se impartirá con intérprete de lingua de signos. Empezarán o 20 e finalizarán o 27 de setembro, sendo precisa inscrición previa en info@actinghelps.com. A nivel presencial poderemos formarnos nun curso de risoterapia e humor antiestrés impartido por Adolfo Maguna, e outro de pintura e debuxo para adultos da man de Miriam Rodríguez.
A maiores da formación, Imaxinatea tamén funciona como coworking artístico, un lugar para traballar, impartir unha formación, facer unha reunión, unha exposición, unha proxección, un casting, etc. De feito, o xoves 16 deste mes ás 20:00 inaugúrase a mostra colectiva Expolab, un espazo expositivo temporal destinado a afeccionados das artes escénicas, audiovisuais e plásticas que este ano contará con creadores como Yuri Salgado (libro ilustrado e audiovisual), Patricia Fernández (fotografía e audiovisual), Rafaela Balongo (pintura) e Óscar Górdon (humor gráfico).
Plaza Francisco Fernández del Riego, no 3, local 5 C | imaxinatea.es | contacto@imaxinatea.es | 986 120 024 e 685 852 015