O novo fogar das “artes raras e antigas”
Despois de 5 anos de actividade na galería White Collective, a curadora viguesa Sandra MG trae á cidade a Casa de las Artes Raras y Antiguas, unha nova proposta na que se centra na mediación e transmisión da arte contemporánea a través de diferentes cursos itinerantes para todos os públicos maiores de 15 anos.
A Casa de las Artes Raras y Antiguas (CARA) é un proxecto híbrido entre a creación contemporánea e as técnicas artesanais. As propostas levaranse a cabo dentro dun primeiro ciclo, Sábados en el Jardín, no fermoso xardín botánico da Fundación Sales, un espazo ideal para acoller esta serie de propostas artísticas sempre relacionadas co entorno natural. Unha das vantaxes deste espazo é que ten un invernadoiro habilitado para realizar os obradoiros en caso de que a climatoloxía non acompañe.
Outra das características desta iniciativa é que non é necesario ter ningún tipo de coñecemento previo para se anotar aos obradoiros. Estas xornadas teñen lugar un ou dous sábados ao mes e inclúen almorzo para coñecer ás demais persoas participantes, unha visita guiada polo xardín, e os materiais precisos para cada curso. Este sábado 12 hai un obradoiro de fotografía imaprtido por ela mesma baixo o título Aprender a mirar. Formas de expresión fotográfica: miradas desde el Wabi-sabi. Nel aprenderase a expresar mediante fotografías un punto de vista orixinal traballando a partir do concepto xaponés de Wabi-sabi, isto é, buscar a beleza desde a imperfección. Este tipo de visión está intimimanete ligada á observación e a atención plena entre os detalles e recunchos do xardín, ao minimalismo e á natureza. Para os próximos meses están previstos outros cursos de instalación audiovisual, de cerámica e de colaxe.
casadelasartesrarasyantiguas@gmail.com | @casadelasartesrarasyantiguas
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024
- O mestre e editor Manuel Bragado recibirá no HematoFesti o Premio de honra “Lenda do recreo” - 4 Novembro, 2024
- Musicav, un cóctel sonoro ideal para o outono - 31 Outubro, 2024
- Novidades musicais viguesas para desfrutar do outono - 10 Outubro, 2024
- Concertos homenaxe a Batman e Ennio Morricone, Matt Pascale e ‘O Pequeno Poni’ esta fin de semana en Vigo - 10 Outubro, 2024